O Festival Fisterra Experience anuncia a Mondra, Baiuca ou Helena Egea no seu primeiro avance

O festival anunciou unha nova edición para os días 27, 28 e 29 de xuño.


|

Archivo - Baiuca (Alejandro Guillán)
Arquivo - Baiuca (Alejandro Guillán)

 

Xa non hai que esperar máis e agora o que toca é dar présa para facer cunha entrada. O Festival Fisterra Experience fíxose de rogar nesta ocasión pero, por fin, presentou as súas datas para a nova edición deste 2025, que se celebrará do 27 ao 29 de xuño na Costa da Morte, onde soarán algúns dos mellores artistas do territorio.

 

CONCERTOS EN BARCO E FUTBOLINES

Con tres días de música debaixo do brazo, a organización destaca que esta é "unha proposta única" pola fusión da música e a paisaxe nunha contorna onde a mestura permite vivir ao espectador "unha experiencia cultural completa". "É unha invitación a vivir a cultura desde un lugar extraordinario, no que o Atlántico e a costa crea un escenario natural incomparable", apuntan.

 

 

Se xa o lugar resulta atractivo de seu, a proposta musical non queda atrás. Á chamada para esta nova edición acudiron Baiuca, un dos artistas con máis proxección internacional de toda a escena galega, Mondra, un artista revolucionario capaz de redimensionar a música tradicional, ou Helena Egea, unha das voces máis singulares e que máis darán que falar durante o verán en Galicia. 

 

Gsh7VfqWoAAXgyB

 

A esta lista hai que sumar a DJ Mil, MFC Chicken, A Predeira ou Phonorama, que son as primeiras das moitas confirmacións que quedan por dar a coñecer nos próixmos días nun evento que aposta por "a fusión da creación conltural co espazo que a acolle", con propostas que van desde concertos en barco até torneos de futbolín para pór en valor todo o que ten que ofrecer a Costa da Morte.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE