A Mesa censura a Rueda e o seu "boicot" contra a oficialidade da lingua en Europa
A plataforma lembra a participación do presidente da Xunta en "manifestacións contra a lingua galega".
O recoñecemento do galego e outras linguas como oficiais da Unión Europea ha quedado en suspenso. O Consello de ministros de Asuntos Xerais da UE decidiu atrasar a votación, algo que non foi ben recibido por plataformas en defensa da lingua como A Mesa pola Normalización Lingüística, que viu neste atraso a postura da dereita contra unha medida que, aseguran, resulta "un paso imprescindible para a súa dispoñibilidade en todos os ámbitos" e que tería un impacto positivo "nas relacións comerciais e de consumo ou na contratación pública".
UNHA DEMANDA HISTÓRICA
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, dirixiu a súa mirada ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que acusa de "boicotear" a lingua. "Unha vez máis abdicou o seu deber como presidente da Xunta de defender o galego e preferiu manter no seu papel de súbdito do PP e Vox", reprendeu Maceira, que lembrou a presenza do hoxe presidente da Xunta en manifestacións "coa ultradereita contra o idioma".
"Demostra de novo que só ten interese en pactar o enterro do galego, operación na que A Mesa non participará", denunciou Maceira. Nese sentido, a organización protagonizou nos últimos anos actuacións para para reclamar o recoñecemento do galego como lingua oficial na UE, considerando que "o idioma é o mellor instrumento común que creamos todas e todos os galegos e unha necesidade para avanzar xuntas todas as xeracións actuais na cultura, na educación, no progreso social, económico e político".
Elsa Quintás foi unha das representantes que participou en novembro de 2023 nunha rolda de prensa no Parlamento Europeo na que a Rede Europea de Igualdade Lingüística (ELEN) para reclamar o recoñecemento do galego, o catalán e o eúscaro, valorando "o impacto moi positivo" que tería a súa aprobación, pois "suporía un paso enorme cara ao recoñecemento e a normalización das linguas minorizadas, porque a oficialidade a nivel europeo é fundamental para protexer os dereitos lingüísticos das persoas falantes destas linguas".
Escribe o teu comentario