'Galicia Escena Pro': 30 espectáculos galegos aos que se suman un de Madrid e outro de Valencia

A antoloxía de Galicia Escena PROL combina compañías de longa traxectoria no panorama teatral galego con formacións de máis recente creación


|

 

Galicia Escena Pro 2019 refuerza las posibilidades de intercambio teatral con Madrid, Cantabria y País Vasco
Galicia Escena Prol 2019 

A Xunta publicou a listaxe dos 30 espectáculos galegos seleccionados para a 12ª edición da feira Galicia Escena PROL, aos que se suman un espectáculo de Madrid e outro de Valencia.

Segundo informou o Executivo galego, das compañías programadas neste encontro, que terá lugar do 2 a 5 de xuño en Santiago de Compostela, 18 exhibirán os seus máis recentes producións en formato completo, mentres que as 12 restantes ofrecerán un avance dos seus próximos proxectos en presentacións tipo pitching.

A antoloxía de Galicia Escena PROL combina compañías de longa traxectoria no panorama teatral galego con formacións de máis recente creación, así como distintas disciplinas e unha ampla variedade de tendencias escénicas.

Desta forma, a selección deste ano ofrece 12 espectáculos teatrais, dos que catro están pensados para o público familiar, cinco de danza e un de circo, ademais de presentar oito futuros montaxes teatrais, dous coreográficos, unha de circo e outra de maxia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE