O Recorda Fest 2025 comeza a tomar forma confirmando a Nena Daconte, Xoel López, Lori Meyes e Álvaro de Lúa

O festival coruñés prepara unha nova edición con xa catro grandes nomes confirmados. 


|

WhatsApp Image 2025 02 21 at 16.17.23
Nena Daconte, Xoel López, Lori Meyers e Álvaro de Lúa

 

O Recorda Fest deste verán promete manter a liña ascendente que segue este festival na súa curta traxectoria. O Peirao de Batería será o emprazamento para unha nova edición desta cita que en moi pouco tempo converteuse nun dos grandes eventos da cidade e do final do estío en Galicia, onde acoden moitos amantes da boa música a botar os últimos bailes das vacacións.

 

ENTRADAS Á VENDA

Polo Recorda xa pasaron bandas da talla de Taburete, Iván Ferreiro, Sidonie, Sidecars, Dorian, Mago de Oz, Pignoise, Fran Perea, Amaral ou A Orella de van Gogh. Con todo, no seu afán de seguir sumando grandes artistas ao seu escenario, para 2025 contan xa con algunhas das voces máis recoñecidas da escena española.

 

Para os días 5 e 6 de setembro xa confirmaron a súa presenza unha banda con dúas décadas de percorrido como Lori Meyers, unha voz inconfundible como a de Nena Daconte e un home "da casa" como Xoel López, que xogará de local no seu Coruña natal. Ademais, repetirá Álvaro de Lúa, que xa compareceu a pasada edición e que deixou un gran sabor de boca. 

 

Son os primeiros integrantes dun cartel que aínda non descubriu os outros grupos que acompañarán a este catro primeiros avances dun festival que xa ten os seus abonos á venda, despois de que a primeira remesa de 500 entradas voase dos despachos de billetes en moi pouco tempo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE