O Gozo Festival consolídase no verán galego con 60.000 asistentes en dous días de música
A capital galega suma outra cita na súa oferta cultural con este festival que en dúas edicións afianzouse como un dos grandes reclamos para os festivaleros.
O Gozo Festival logrou reunir na súa segunda edición máis de 60.000 persoas entre as dúas citas celebradas no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, este ano. O público asistiu desde 18 países diferentes, como Irlanda, México, Finlandia ou Xapón.
Promovido por Live Nation e Sweet Nocturna, co apoio de Turismo de Galicia, o Gozo Festival ofreceu concertos de 19 artistas e máis de 17 horas de música nas dúas citas que se celebraron no Monte do Gozo.
O 6 de xullo foi a quenda de Ed Sheeran, que chegaba por primeira vez a Galicia, nunha xornada na que tamén se puido gozar de artistas como a colombianos Bomba Estéreo, a chilena-mexicana Mon Laferte, os alemáns Milky Chance, a italiana Angelina Mango ou as galegas Fillas de Cassandra.

O 13 de xullo, o Monte do Gozo acolleu tamén o BBF, festival de música electrónica que reuniu miles de seguidores de diferentes dj's, como Armin Van Buuren, Marshmello, Claptone, Hardwell, Timmy Trumpet ou Fedde le grand.
Este ano tamén se incluíron os concertos de The Warning en Santiago de Compostela, os americanos Queens of The Stone e o mexicanos Maná na Coruña, así como a canadense Loreena McKennitt en Vigo. O Gozo Festival traerá tamén en decembro a Rod Steward ao Coliseum da Coruña e trabállase na programación de 2025, confirmando xa a primeira actuación coa americana Anastacia no Auditorio do Mar de Vigo, en marzo do 2025.
Escribe o teu comentario