Bala súmase ao ciclo de concertos Noites do Porto o 27 de setembro na Coruña

A formación presentará o seu directo 'Besta' o venres 27 de setembro na sala Inn Club da cidade herculina.


|

BALA 1 u00a9 Leo Lou0301pez
Bala

 

Sen présa, pero deixando alegrías en cada anuncio, o goteo de nomes que comporán a IV Edición do ciclo Noites do Porto na Coruña engade cada vez máis calidade a esta proposta que xa parece totalmente consolidada no panorama cultural da comunidade. Para abrir o outono -ou estirar un pouco máis o verán- estaban xa anunciados os concertos de Baiuca e Carlangas e Os Cubalibres o 28 de setembro no Peirao de Batería, ademais da inauguración o 7 de setembro na Praia Club coa actuación de Mudhoney. Agora é Bala a que se suma a este compendio.

 

Trátase da formación que compoñen Anxela Baltar e Violeta Mosquera, dous nomes propios do rock no país e que con motivo do seu novo disco, o cuarto da banda, presentan o seu directo 'Besta', co que atronarán a Sala Inn Club o vindeiro venres 27 de setembro. 

 

O dúo galego, que se abriu paso no circuíto cun son singular que lembra ao rock dos 90 pero que se move entre o punk e o hardcore, xa ten as entradas á venda para esta cita en Ticketmaster e Ataquilla.com. Esta é só a nova confirmación da edición máis ambiciosa de Noites do Porto, que este ano amplía de seis a oito o número de xornadas de música, con máis artistas e máis recintos implicados. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE