'La Máquina del Buen Rollo' de The Rapants verá a luz o próximo 14 de marzo

A formación inaugurará o directo o próximo 23 de marzo e levará o seu novo traballo a distintos festivais este verán.


|

The Rapants
The Rapants

 

Toca pór as mellores galas e os zapatos de baile, porque The Rapants ten un anuncio que facer: 'La Máquina del Buen Rollo' estará lista para o 14 de marzo. Será a data na que todos comezaremos a mover as cadeiras ao ritmo que marquen os de Muros, toda unha sensación no panorama musical galego que, co seu terceiro LP, prometen revolucionar unha vez máis a pista de baile.

 

Sería sinxelo dicir aquilo de que este será o seu disco "máis íntimo e persoal", pero a verdade é que "vos Rapantes" se algo son é buenrolleros, polo que este novo traballo o que será, sen dúbida, un rompepistas cos seus nove temas cargados de ritmo. Iso si, Matías, Samu, Xanma e Xaquín terán que explicar iso que din de que este é un disco "máis tranqui" pero "máis cañero" que os dous anteriores, cun son "moi próximo ao que o público pode escoitar en directo". 

 

'Blaster W4U' e 'Rue Franklin' foron os primeiros adiantos e supuxeron un éxito de crítica para unha formación que xa conta cun nutrido grupo de incondicionais que esgotou as entradas do concerto de presentación do 23 de marzo na Sala Capitol en tempo marca. Tan rápido voaron os boletos que non quedou máis remedio que anunciar unha segunda data para o día seguinte, que tamén colgou o cartel de 'sold out'. 

 

 

Discotequero e funky, 'A Máquina do Bo Rolo' foi gravada nos estudos do Porto de Santa María en outubro xunto a Paco Loco e The Rapants levarana de paseo por Bruxelas no EmigraSon o próximo 9 de marzo, pero tamén no Ourensound de Ourense, Surfing The Lérez de Pontevedra, PortAmérica de Portas, Sorrías Baixas de Bueu ou a Osa do Mar de Burela.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE