'La máquina del buen rollo' é o terceiro disco da formación que compoñen Matías, Xaquín, Xanma e Samu, que atende a Galiciapress no lanzamento do álbum para contar como se cociñou este traballo. O agarimo do público, as súas raíces e as súas sensacións despois de encher por dúas veces a Sala Capitol son algúns dos temas desta conversa.
A formación inaugurará o directo o próximo 23 de marzo e levará o seu novo traballo a distintos festivais este verán.