O Festival de Ortigueira anuncia en Fitur o seu primeiro avance: Green Lads, Fillas de Cassandra, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band...
Os bretóns estarán ben flanqueados no plano internacional por uns vellos coñecidos, os escoces Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, que repiten a súa experiencia en Ortigueira, esta vez lucindo o cinto de campións mundiais a ser coroados en Glasgow no Campionato Mundial de Bandas de Gaitas. Tampouco podía faltar á cita a Escola de Gaitas de Ortigueira, fundadora da cita e parte do comité organizador.
A Feira Internacional de Turismo é talvez o gran evento a nivel nacional no que a proxección turística refírese. E non hai mellor carta de presentación ao mundo para a localidade de Ortigueira que presumir do seu Festival Internacional do Mundo Celta, todo un referente cultural a nivel galego, nacional e mesmo internacional. Por iso, para atraer todas as miradas, o alcalde de Ortigueira, e responsable do evento, Valentín Calvín, anunciou en Fitur as primeiras confirmacións.
Do 11 ao 14 de xullo daranse cita no norte de Galicia algunhas das mellores bandas dentro do folk, cun gran número de artistas internacionais pero tamén do país. Así, entre as confirmacións destacan os nomes de María e Sara, mellor coñecidas como Fillas de Cassandra, o dúo que revolucionou a música galega o pasado 2023 e que para os próximos meses prometen dar un xiro de porca ao seu espectáculo co show 'Últimas Dionisíacas', que estrearán o próximo febreiro e que levarán á "capital mundial da cultura celta" este verán.
Entre talleres e gastronomía, os fans da música tradicional, turistas e curiosos poderán disfrturar dos ritmos de Green Lands, que actuarán en España por primeira vez coa súa fusión de música irlandesa e electrónica. Os bretóns estarán ben flanqueados no plano internacional por uns vellos coñecidos, os escoces Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, que repiten a súa experiencia en Ortigueira, esta vez lucindo o cinto de campións mundiais a ser coroados en Glasgow no Campionato Mundial de Bandas de Gaitas.
Tampouco podía faltar á cita a Escola de Gaitas de Ortigueira, fundadora da cita e parte do comité organizador. "Esta edición contará tamén con talleres de baile e música, exposicións, Feira de Artesanía e concertos na igrexa e o teatro, sen esquecer a gastronomía galega, que estará notablemente enriquecida polos numerosos bares e restaurantes da zona de Ortegal, así como de food trucks cunha variada representación dos nosos pratos en formato máis portatil", apuntan os organizadores para unha cita que ninguén se quere perder.
Escribe o teu comentario