Fillas de Cassandra colga o 'Non hai billetes' para a estrea de 'Últimas Dionisíacas', o seu novo show

O dúo que revolucionou a música galega desde a súa irrupción na escena do país prepara un novo espectáculo que estrearán en Vigo o 16 de febreiro.


|

Entradas agotadas para la presentación del nuevo directo de Fillas de Cassandra, 'Últimas Dionisíacas'
Foto: EP

 

O grupo Fillas de Cassandra esgotou as entradas dispoñibles para a presentación do seu novo directo, 'Últimas Dionisíacas', que terá lugar o 16 de febreiro no hall do Auditorio Mar de Vigo.

En menos de 10 días, o dúo conformado por María Soa e Sara Faro vendeu os 1.400 billetes dispoñibles para a cita.

'Últimas Dionisíacas' é a nova proposta escénica e musical do grupo, que fará unha revisión dos temas máis recoñecidos do seu primeiro LP, Acrópole, "desde unha electrónica máis escura e potente"; ademais de recuperar algúns dos sinxelos publicados nos últimos meses e avanzar noutros inéditos para o público.

Destacan que, neste novo directo, a luz e a escenografía terán un papel "moi relevante". O dúo estará acompañado por outras dúas músicas sobre o escenario (Tania Caamaño e Mariña Vidal). Así mesmo, participarán diversas artisas cuxas identidades aínda non se revelaron.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE