Gatronomía e lecturas para arrincar a programación cultural no Corte Inglés da Coruña
Os grandes almacéns herculinos teñen previstas unha serie de actividades culturais para os próximos días.
A puntiño de iniciar oficialmente as festas do Nadal, desde O Corte Inglés da Coruña idearon un calendario de actividades coa cultura como pano de fondo. Desde as receitas máis innovadoras até os últimos bombazos literarios, nos grandes almacéns da Coruña prepáranse para unha semana cargada de actividade.
Arrinca a programación esta mesma tarde, ás 19 horas, na libraría da superficie comercial onde se presentará o libro 'As receitas da Cocinita de Fati sen gluten'. Ideal para sorprender a todos os comensais estas festas, no recetario poderemos atopar "receitas sen gluten, sen lactosa, algunhas que se fan sen ovo e, na maioría, alternativas para reducir o azucre, todo isto sen perder o sabor nin o resultado final".
"Todas as receitas están probadas e testadas, e ademais, acompáñanse dun vídeo (código QR) cos pasos onde ver todo o proceso, posibles erros, e á autora cociñando... Desta maneira, comprobarás a sinxeleza das elaboracións e como vanche a saír", sinalan os organizadores.
A este evento sucederalle a firma de libros de Maite Mosconi, que estará mañá, martes 19 de decembro, na libraría do Corte Inglés coruñés para asinar exemplares dos seus libros 'Helheim I' e 'Helheim II' desde as 18h até as 20h. "Mosconi, unha das escritoras galegas máis polivalentes, autora de obras no xénero da literatura fantástica, así como narrativa de amor ou biografías, acaba de publicar a bilogía Helheim, na que se penetra no xénero thriller", explican.
Escribe o teu comentario