Deputación da Coruña, A Mesa e Correlingua colaborarán para o fomento da lingua

A firma da entidade provincial coa plataforma e a agrupación cultural realizouse esta mañá co obxectivo de "normalizar" e "fomentar o uso" da lingua galega.

 


|

Convenio de colaboración de la Diputación de A Coruña para el fomento del gallego
Foto: EP

 

A deputada de Normalización Lingüística da Deputación coruñesa, Soidade Agra, asinou un convenio de colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa Agrupación Cultural Correlingua para o financiamento dos proxectos 'A liña do galego' e 'Na casa, na escola, bota a lingua fóra!'.

O obxectivo destes convenios é contribuír, desde a entidade provincial, "á normalización da lingua galega e fomentar o seu uso, mediante o apoio a iniciativas sociais normalizadoras, así como á existencia e difusión de contidos en lingua galega".

No caso da Mesa, a área de Normalización Lingüística da Deputación financia o 80% do programa 'A liña do galego', unha ferramenta que, por vía telefónica e tamén a través dunha App, ofrece á poboación "a posibilidade de avanzar no dereito a vivir en galego dunha forma sinxela e rápida".

Doutra banda, a entidade provincial apoia ao Correlingua no seu obxectivo de incentivar o uso oral do galego e a súa normalización como medio de comunicación habitual entre os mozos. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE