O Revenidas, 'o festival das linguas', moito máis que un mero slogan

A segunda xornada do festival de Vilaxoán consagrou a Fillas de Cassandra e a boa saúde da música en galego. 


|

Mondra fillas de cassandra
Mondra con Fillas de Cassandra | Foto: Sergio Sanisidro

 

Algún aínda estará a esta hora facendo cola á entrada do recinto para poder acceder e ver a Fillas de Cassandra. Ás 20:30 horas, momento no que empezaron a soar os primeiros compases do seu 'Acropole', a cola para entrar ao festival practicamente chegaba á estrada principal. O Festival Revenidas, un dos máis comprometidos coa escena musical galega, probou a boa saúde que gozan os grupos do país, cun nicho que responde en masa e unha industria cada vez máis asentada, consciente de que os grupos en lingua galega son un valor seguro. 

 

CONSAGRADAS

E iso que Sara FaroMaría Soa non foron as primeiras en saír a escena nin moito menos. Esta segunda xornada do Reve arrincou moito antes, con Sheila Patricia e o seu 'Orixe' pondo as bases da que sería unha gran xornada de música. Á galega con sangue arxentino e asturiano sucedeuna o incombustible Evaristo Páramos, que agora encabeza unha Tropa do Carallo na que Abel Murua ao baixo, Tripi á batería e Alberto Salgado á guitarra fan as delicias non só dos máis nostálxicos, senón daquilo que dan os seus primeiros pasos neste mundo do punko que Evaristo resístese a abandonar -e oxalá non o faga nunca-. 

 

No entanto, cando comezou a chegar a xente foi para ver á última gran sensación da música galega. As Fillas de Cassandra fixeron un llenazo na tarde do venres e deixaron moi pequeno o escenario secundario. Talvez ese sexa o único reproche: xa están máis que listas para o escenario principal, como tamén o están para as horas centrais.

 

WhatsApp Image 2023 09 09 at 02.57.57
Follas de Cassandra | Foto: Sergio Sanisidro

 

O seu álbum debut move lexións e converten cada concerto nun canto non só á tradición, senón tamén ao feminismo e ao compromiso social, aínda que sen que iso signifique dotar á actuación dun ton demasiado solemne, xa que acaban convertendo nunha rave todo o que tocan. Son boas, pero ademais emociona ver a comuñón que teñen co público, que se sabe os seus temas moito antes de que cheguen á rede. 

 

PONTE AÉREA CON VALENCIA

Acompañadas por Mondra  para interpretar 'Punheta!' -o de Teo estará mañá ás 16 horas no Reve-, as viguesas puxeron a todos a bailar nun festival ao que, non fai tanto, tíñaas a elas entre o público. Talvez asistiron nalgunha ocasión a un dos moitos concertos que deu ZOO a beiras da ría de Arousa. Os valencianos, con nove anos de música ás súas costas, encargáronse de lembrar que esta non é a primeira nin será a última vez da formación en Vilaxoán.

 

WhatsApp Image 2023 09 09 at 02.57.48
ZOO | Foto: Sergio Sanisidro

 

"De nove anos sete pasámolos no Revenidas", lembrou Panxo, o vocalista, á vez que agregou que "tantos anos e cada vez mellor". É certo que ZOO é un fixo nos carteis do Reve e a algún podería levarlle a pensar que a organización talvez, e só talvez, debería ampliar os seus horizontes e arriscar con voces novas e frescas. Logo velos en directo e pasar, porque ofrecen un espectáculo dificilmente igualable, construíndo a base de ritmo unha ponte aérea que conecta o Mediterráneo co Atlántico durante unha hora e pico. Se queren vir ao Revenidas que veñan. E si quérense quedar e ser fixos, mellor que mellor. 

 

Un grupo que canta en valenciano abarrotou o festival galego e todos se sabían as letras de cabo a cabo, fosen de Ontinyent ou de Coristanco, proba de que, efectivamente, o Revenidas é 'o festival dás linguas', porque non importa si as túas letras son en galego ou noutro idioma, porque aquí teñen cabida. Como tampouco importa si transitamos do estilo ecléctico da  Regadera, coas súas mesturas que van do ska ao reggae e que non deixan indiferente a ninguén, ás letras comprometidas e cheas de carga política dos tamén valencianos NegaToni

 

Os Chikos do Millo regresaron ao Reve xa sen máscaras e sen xel hidroalcoholico. "A última vez que vimos estabamos sentados. Grazas por apostar pola cultura e esperemos que non volva pasar". O aviso a navegantes calou fondo, porque ninguén desexa volver atrás, aínda que para viaxe no tempo o dos Chikos, que aínda que presentaron o seu último traballo, 'Yes Future', saíronse con temas de discos anteriores, como 'A estanquera de Saigon', 'Comanchería' ou 'Paixón de talibán'. 

 

WhatsApp Image 2023 09 09 at 03.31.17
Os Chikos do Millo | Foto: Sergio Sanisidro

 

O tempo respectou até ultimísima hora, momento no que a tormenta comezou a entrar ría arriba. Nese instante algúns gotones avisaron da que viña encima e os festivaleros comezaron a desfilar ás tendas para aseguralas e botar man dos chubasqueros, que fixeron boa falta para ZetakRebeliom do Inframundo. Pero nin un chuvieiro puido embazar unha gran xornada de música. E chegamos ao ecuador. Falta a traca final. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE