José Luís Perales, forzado a publicar un vídeo dicindo que segue vivo

Na noite do luns a noticia do falecemento do cantautor correu como a pólvora, inicialmene en medios de Sudamérica -onde tamén é moi popular- e despois nas redes sociais españolas. Tal foi o balbordo, que o artista tivo que difundir un vídeo explicando que está ben. O compositor estaba en Londres ceando coa súa familia cando o avisaron do bulo.


|

Concierto de despedida de José Luis Perales en Cuenca, en imagen de archivo
Concerto de despedida de José Luís Perales en Cuenca, en imaxe de arquivo

 

José Luís Perales segue vivo. O cantante publicou un vídeo desde Londres desmentindo que faleza, tal e como habian publicado varios medios latinoamericanos, especialmente de México. 

 

Os medios apuntaran que Perales falecera dun infarto, pero todo é mentira, e afortunadamente o veleiro chamado liberdade seguirá navegando...

 

A continuación, podedes ver o vídeo onde Perales viuse obrigado a confirmar que segue vivo: 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE