Primeira ferramenta de intelixencia artificial en galego xa dispoñible na rede

O Proxecto Nós publicou o primeiro o primeiro tradutor neuronal entre galego, castelán e inglés, en fase de probas. Esta iniciativa publica -na que colaboran universidades e Xunta- promte que todas as ferramentas serán gratis e abertas para a súa reutilización, algo chave para o futuro da lingua.


|

Presentaciu00f3n del traductor del Proxecto Nu00f3s en una foto de Santi Alvite para el CiTiUS
Presentación do tradutor do Proxecto Nós nunha foto de Santi Alvite para o CiTiUS

Por agora, o tradutor neuronal está en fase de probas e a súa capacidade é limitada, só admite uns 1.000 caracteres. Ademais, os seus propios promotores indican que o prototipo de tradutor neuronal galego-castelán-inglés de Nós pode dar resultados erróneos. Por iso, solicitan aos usuarios que axuden proporcionando valoracións da súa eficiencia.

 

Hai que lembrar que os sistemas de Intelixencia Artificial aprenden en parte así, utilizando o feedback que reciben para mellorar as súas respostas. 

 

En aparencia, nunha primeira valoración global, o tradutor do Proxecto Nós é claramente inferior a outros xa dispoñibles na rede, como o propio Gaio da web da Xunta ou o motor galego-castelán de Google Translate. Con todo, hai que ter en conta que é un prototipo

 

 

A súa importancia é outra, a súa publicación supón todo un fito, pois a primeira vez na historia que unha ferramenta de IA desenvolvida con redes neuronais ás que se lles proporcionou datos en galego é aberta ao público. Visto o rápido desenvolvemento da industria, o potencial de novas ferramentas construídas sobre estas bases é enorme.

 

Durante o evento de presentación o luns, o reitor da USC profundou nesta argumentación. Así, Antonio López destacou que este proxecto é un primeiro paso visible para facer accesibles algúns dos resultados do proxecto, o máis ambicioso para a lingua galega no futuro. O seu obxectivo situar ao galego nas mesmas condicións que outras linguas con maior cantidade de falantes, mediante ferramentas que promovan a aprendizaxe constante e solucións exitosas.

 

UNHA ARMA DE DOBRE FÍO PARA O GALEGO

Hai que lembrar que a IA supón unha enorme oportunidade para idiomas non normalizados, como o galego, pois permite multiplicar a capacidade de xerar contido. Agora ben, tamén existe o risco que, debido precisamente á pouca cantidade de contido e usuarios que teñen as linguas minoritarias en comparación con outras dominantes, as ferramentas de IA nestas linguas tarden máis en se desenvolver, alimentando un círculo vicioso que pode contribuír a que estes idiomas queden á marxe da gran revolución en marcha, contribuíndo á súa desaparición. 

 

GRATIS E PARA REUSAR

Ademais do tradutor neuronal, Nós presentou o primeiro recoñocedor de voz que comprende o galego oral e convérteo a texto e unha aplicación de síntese de voz capaz de ler en galego a partir dun texto. Con todo, estas ferramentas aínda non están publicadas en Internet. 

 

O que xa está publicado na web do tradutor é o material usado para o seu desenvolvemento: modelos neuronais, corpus de adestramento e textos de referencia. A publicación deste material de maneira gratuíta para a súa reutilización por outros desenvolvedores é clave na eficacia deste proxecto, que está financiado ao 100% por diñeiro público, parte procedente dos fondos Next Generation da UE.

 

7
Presentación do tradutor do Proxecto Nós nunha foto de Santi Alvite para o CiTiUS

 

O director del Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da USC, Senén Barro,  comparou os datos cos que se alimentan os sistemas de IA coa infraestrutura viaria dun país, sendo as primeiras IA e os seus corpos os materiais básicos de construción que deben preparar adecuadamente.  O CiTIUS lidera precisamente, a recompilación e estruturación desta infraestrutura coa que 'ensinar' a outras IA en galego no futuro. 

 

Neste sentido, na presentación anunciouse que a USC e a Xunta seguirán traballando na recompilación de voces que reflictan a gran variedade fonética e dialectal de Galicia, co obxectivo de mellorar os modelos das ferramentas actuais e desenvolver novos modelos multilingües en colaboración con proxectos equivalentes para outras linguas do Estado.

 

VANTAXES PARA LINGUAS MINORIZADAS

A IA pode contribuír á preservación e promoción das linguas minorizadas ao proporcionar ferramentas de tradución automática, recoñecemento de voz e síntese de voz neses idiomas. Isto facilita a comunicación, a documentación e a accesibilidade lingüística, permitindo que estas linguas sexan utilizadas nunha variedade de contextos, incluíndo o ámbito dixital.

 

A utilización da IA para fortalecer as linguas minorizadas contribúe ao empoderamento cultural das comunidades que as falan. Ao preservar e utilizar activamente o seu idioma no ámbito dixital, as comunidades minorizadas poden fortalecer a súa identidade cultural e promover o seu patrimonio lingüístico.

 

 

 

 

 

RISCOS PARA LINGUAS MINORIZADAS

Os sistemas de IA adéstranse utilizando grandes conxuntos de datos, e se eses conxuntos de datos están nesgados cara ás linguas maioritarias, existe o risco de que as linguas minorizadas sexan subrepresentadas ou excluídas. Isto pode resultar nunha falta de precisión e calidade nas aplicacións de IA para as linguas minorizadas, o que dificulta o seu desenvolvemento e adopción.

 

Ademais, as comunidades que dependen en gran medida das solucións de IA poden volver vulnerables á falta de control sobre a súa tecnoloxía e recursos lingüísticos. Se as ferramentas e os servizos son proporcionados por actores externos ou empresas privadas, as comunidades minorizadas poden perder a autonomía e a capacidade de tomar decisións relacionadas co desenvolvemento e o uso da súa propia lingua. De aí a importancia de pasos como o dado onte polo Proxecto Nós

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE