Vueling ofertará voos a Zúric desde Santiago entre decembro e xaneiro
A aerolínea recupera a ruta entre a capital galega e o centro financeiro suízo.
Este inverno será máis fácil viaxar a Suíza desde Galicia. Despois de caer da oferta de voos internacionais do aeroporto Rosalía de Castro, Santiago volverá ter conexión directa con Zúric durante, polo menos, un mes enteiro, con dúas frecuencias por semana.
UN MES PARA VIAXAR
Así o anunciou Vueling, que recupera en decembro e xaneiro esta ruta con voos xa á venda na web da aerolínea. A conexión estará aberta desde o 5 de decembro ao 9 de xaneiro de 2026 e constará de dous voos semanais os luns e os venres.
"Con esta conexión, Vueling reforza a conectividad internacional desde Galicia coincidindo coas celebracións do Nadal e pontes, un momento especialmente relevante para facilitar os desprazamentos durante este período", destaca a compañía.
A cidade galega non é a única que conta con esta conexión directa, senón que a cidade de Málaga tamén contará con voos a Zúric nese mesmo período, aínda que dispoñibles desde o 3 de decembro até o 10 de xaneiro.
Escribe o teu comentario