Xullo César xa ten compañía: Lugo volve sorprender coa súa arte urbana tirando do seu legado castrexo

Manuel Pallín, de Concepto Circo, será o artista encargado de levar ás paredes de número 158 da Rolda dá Muralla unha nova obra de arte urbana na cidade. 


|

Castrexa
Foto: Concello de Lugo

 

Como xa fixese Diego As no seu día co seu aclamado Xullo César -considerado pola comunidade grafitera como o mellor mural do ano en todo o mundo-, a Manuel Pallín encargáronlle un reto igual de maiúsculo e atractivo: recuperar o legado castrexo da cidade de Lugo e plasmalo nunha colosal obra que decorará o número 158 da Rolda dá Muralla.

 

O proxecto foi presentado onte pola alcaldesa, Lara Méndez, e o artista, que escolleu a unha guerreira castrexa, daga en man e con mirada desafiante, para devolver a cultura dese pobo ao S. XXI. Coincide no tempo co recoñecemento do Arde Lvcvs como Festa de Intetés Turístico Internacional, o que proxecta a Lugo internacionalmente no plano turístico pero tamén cultural e artístico. 

 

"OUTRA ICONA DE LUGO"

Pallín, do colectivo Concepto Circo, será o responsable da obra, para a que contou na súa configuración coas achegas de Aurelina Balseiro e Enrique Alcorta, directora do Museo Provincial de Lugo e arquéologo, respectivamente. 

 

 

 

“Estamos seguros de que a nosa guerreira se converterá noutra icona de Lugo, como Xullo César, considerado como o Mellor Mural do Mundo 2021, e permitirán valorizar e visibilizar con orgullo o noso pasado e a nosa historia ao mesmo tempo que se promocionará como un recurso turístico, xa que tamén se poderá admirar desde a Muralla”, indicou Méndez, que estivo acompañada na presentación polo concelleiro de Mocidade, Maurico Repetto.

 

Os traballos comezarán proximamente tendo en conta que xa conta coa luz verde de Patrimonio. Para a rexedora o mural é tamén unha boa mostra do “protagonismo das mulleres no Arde Lvcvs, con catro asociacións formadas integramente por mulleres e unha presenza e participación superior ao 40% en todas as celebracións”, un aspecto polo que a cidade foi premiada e recoñecida internacionalmente. 

 

LUGO, UN MUSEO Ao descuberto

Con todo, nin o Xullo César foi o primeiro nin a castrexa será o último dos murais de Lugo, que leva apostando pola arte urbana desde fai xa máis dunha década. Desde o Concello valoran que esta disciplina os converteu en "un referente" e un "museo de arte urbana ao aire libre". 

 

Nesa liña, Repetto puntualizou que o tres murais das Casas Sindicais , “pintados a través do Urban Cores e que complementan os que xa fixemos nesa zona a través deste programa que suma dúas edicións e co que, non só estamos a fomentar a arte urbana e contemporánea, senón que ten un importante compoñente social xa que permite achegar á mocidade á arte a través da formación e a participación nos diferentes traballos”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE