Estas son as ofertas de lecer para este fin de semana en Galicia

Inicio da Festa da Reconquista en Vigo, concertos, música, cine e todos os plans de lecer para este fin de semana


|

Reconquista de vigo cabecera2
Reconquista de Vigo / Foto: tradicionesyfiestas.com

Festa da Reconquista: Este fin de semana dará comezo a Festa da Reconquista en Vigo, conmemorando os días do alzamento popular contra o exército de Napoleón. A celebración inclúe un mercado artesanal, postos de comida, zonas de lecer infantil e música en vivo.

 

Purin Work: Andrés Mesías Gutiérrez, máis coñecido como Purin Work Flako, é un artista coruñés de música urbana. Este sábado actuará na sala Praia Club da Coruña. O espectáculo terá lugar a partir das 00:30 e as entradas poden conserguirse por un prezo desde 10 euros.

 

Eu fun a EGB: Este show de máis de cinco horas de duración fará retrotraerse a toda unha xeración, aquela que cursou a EGB: a das pipas Facundo, a pantera rosa, os pratos Duralex e os VHS. As entradas para este espectáculo que terá lugar na Coruña este sábado, 25, ás 19:00 horas no Coliseum poderán obter a través da web de Ataquilla.com a un prezo de 38 euros.

 

Matria: A sala de cine Numax de Santiago de Compostela acaba de estrear a película Matria, unha película dirixida por Álvaro Gago que conta a historia de Ramona, unha muller de corenta anos que, cunha vida tensa e impredicible, coñece a Xosé, que lle fará pensar que talvez haxa algo novo polo que vivir. Poderá verse este fin de semana o sábado ás 16:00, ás 18:00 e ás 20:00, e o domingo ás 17:15 e ás 19:15.

 

Dano: Vigo trae ao Máster Club un concerto de Dano, un dos artífices do hip hop en España e Arxentina, onde traballou con Nathy Peluso. As entradas para este concerto, que terá lugar o sábado ás 21:00 poden comprar a través de Wegow a partir de 19,83 euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE