O compositor da banda sonora de Nomandland, Ludovico Einaudi, dará un concerto na Coruña
O nomeamento ao Óscar de 2021 pola música da película protagonizada por Frances McDormand é só un dos moitos galardóns que recibiu o pianista italiano, un dos músicos máis destacados na actualidade no campo da música clásica, as bandas sonoras e a new age.
Ludovico Einaudi é un pianista e compositor italiano, que se dedica á música contemporánea e minimalista.
O seu estilo musical caracterízase pola combinación de melodías simples, delicadas e repetitivas con harmonías complexas e evocadoras.
Einaudi compuxo música para películas, televisión e teatro, e lanzou ducias de álbums en solitario. Entre os últimos está ‘Underwater’ o seu primeiro álbum só para piano en 20 anos.

Ludovico Einaudi, o músico e compositor recoñecido internacionalmente como un das figuras craves da música contemporánea por estilo innovador e minimalista, actuará o día 24 de xullo no Coliseum da Coruña.
Presentará ‘Underwater’, que é o seu primeiro disco para piano só en varias décadas. É un álbum produto da covid, pois o compuxo durante o confinamento do 2020.
Comezou a súa carreira na música clásica e na composición de bandas sonoras para películas e documentais. En 1996, publicou o seu primeiro álbum en solitario, "Le Onde", que o lanzou á fama e converteuse nun dos álbums de piano máis vendidos na historia da música italiana.
É tamén un dos clásicos modernos en Hollywood. Así compuxo música para películas como "This Is England", "I'm Still Here" e "Black Swan", entre outras moitas. Con todo, o seu traballo en Nomandlan é quizais o máis popular neste campo e estivo nomeado ao Óscar da Academia por el.

CANDO SALGUEN As ENTRADAS?
Os primeiros pases estarán dispoñibles 28 de marzo ás 12:00h a través de www.ataquilla.com e Despacho de billetes Praza de Ourense (de luns a venres de 11:00h a 15:00h e 16:30h a 19:30h). O prezo de partida é considerable, 60 euros.
Os músicos Federico Mecozzi (violín), Redi Hasa (violoncello), Francesco Arcuri (electrónica e percusión) arroupan ao xenio transalpino nesta xira. Os concertos en vivo de Ludovico Einaudi adoitan ser espectáculos emocionais e íntimos, co pianista interpretando as súas pezas en solitario ou cunha pequena orquestra. A súa música é coñecida por crear un ambiente relaxante e contemplativo e a miúdo os seus concertos adoitan estar acompañados de efectos visuais e de iluminación para reforzar esta sensación.
Sobre este disco, o compositor declarou que “a música deste disco chegou de forma natural, máis que nunca. Sentín unha sensación de liberdade ao abandonarme e deixar que a música fluíse de maneira diferente. O título ‘Underwater’ é unha metáfora, é unha expresión dunha dimensión moi fluída, sen interferencias do exterior”.
Escribe o teu comentario