Os escritores María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias reciben os Premios Xerais 2022

O director de Xerais, Fran Alonso, mostrouse preocupado polo futuro da lingua galega, que "perde falantes entre as xeracións máis novas"


|

Ganadores Premios Xerais 2022. De izquierda a derecha, Rocío Leira, Anxo Iglesias y María Solar.
De esquerda a dereita, Rocío Leira (premio Fules Verne de Literatura Xuvenil), Anxo Iglesias (Premio Merlín de Literatura Infantil) e María Solar (Premio Xerais de Novela).

Despois de dúas edicións nas que a entrega dos Premios Xerais tivo que ser modificada, a festa de entrega regresou hoxe á normalidade, nun acto celebrado no auditorio Mar de Vigo. Nel, os escritores María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias recibiron, respectivamente, os premios Xerais de Novela, Jules Verne de Literatura Xuvenil e Merlín de Literatura Infantil.

 

A escritora e xornalista María Solar recibiu o galardón pola súa obra 'A Culpa', un thriller psicolóxico. "Como non emocionarse? Hai tanto traballo detrás dunha novela. Como non emocionarse cando recibes un premio que liches e coleccionado desde a adolescencia?". Estas fuenron as palabras da premiada cando acudiu a recoller o seu premio.

 

Rocío Leira, pola súa banda, indicou que o seu libro, 'Cicuta para dous', está dedicado a "aqueles que se permiten o luxo de cuestionar as cousas, a aqueles que son capaces de observalo todo baixo perspectivas diferentes". A novela gañadora do premio Jules Verne é unha obra de investigación pensada para un público adolescente, "chea de humor e intriga protagonizada por un filósofo".

 

O Premio Merlín deste ano foi outorgado a Anxo Iglesias polo seu poemario 'Unha nova dimensión'. Esta é a segunda edición na que este premio recae nun libro de poesía infantil.

 

O acto foi presentado pola actriz e escritora Sabela Hermida e foi inaugurado cun discurso de Fran Alonso, director de Xerais, que felicitou aos gañadores e agradeceu o traballo dos xurados.

Ademais, segundo trasladou a editorial, Alonso tivo palabras de agradecemento para o equipo de Xerais, así como para "unha sociedade amiga e cómplice".
 

"PRODIXIOSA LITERATURA"

Alonso destacou a "prodixiosa literatura dun país pequeno", que alcanzou 25 premios nacionais nas últimas décadas e 11 dos últimos 23 premios Lazarillo convocados.

 

O director de Xerais falou tamén da preocupación que asegurou ve a editorial polo estado da lingua galega, que "perde falantes entre as xeracións máis novas". Desa preocupación nace o isólogo 'Fálame Sempre', de Pepe Barro, co que a editorial quere abrir unha liña de publicacións sobre esta cuestión.

"O futuro da lingua galega é tamén o futuro de Xerais, o futuro da edición galega, o futuro da literatura galega e o futuro da nosa cultura", reivindicou.

Ismael Ramos foi o encargado de pechar o acto cunha lectura dalgúns dos seus poemas recolleitos na obra 'Lixeiro', editada por Xerais e pola cal conseguiu o Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández este ano.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE