Chechu Salgado, símbolo da provincia de Lugo no documental que a Deputación presentará a Fitur 2023

Salgado é coñecido por proxectos audiovisuais como As Leis da Fronteira, Fariña ou Patria


|

Nota De Prensa E Foto: Chechu Salgado, Protagonista Do Audiovisual Sobre A Provincia Que Presentará A Deputación En Fitur 2023
Chechu Salgado, protagonista do audiovisual sobre a provincia que presentará a Deputación en Fitur 2023

A Deputación de Lugo informou de que está a rodar estes días o audiovisual sobre a provincia que presentará na Feira Internacional de Turismo (Fitur) 2023 no mes de xaneiro. O actor galego Chechu Salgado, natural do municipio lucense de Sober, será o protagonista desta campaña turística provincial.

 

Salgado é coñecido por proxectos audiovisuais como As Leis da Fronteira, Fariña ou Patria, entre outros, e foi distinguido co Goya ao Mellor Actor revelación neste ano 2022.

 

Pilar García Porto, deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, destacou a importancia de contar "cun actor da altura de Chechu Salgado", que levará, salientou, o nome da provincia "por todo o país".

 

"Quixemos facer unha campaña dinámica e visual para impulsar a proxección da nosa provincia, cun embaixador de primeiro nivel como Chechu Salgado", recalcou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE