Bueu engalánase para unha nova edición do Sorrías Baixas, primeiro gran festival de agosto

O festival regresa no seu formato habitual despois de dous anos nos que as restricións obrigaron a reformular unha das citas máis esperadas polos festivaleros.

 


|

O festival regresa no seu formato habitual despois de dous anos nos que as restricións obrigaron a reformular unha das citas máis esperadas polos festivaleros. 

 

Kase.Ou, Tanxugueiras, A M.Ou.D.A, Sofia Gabbana ou Rels B son algúns dos principais nomes do Sorrías Baixas, que arrinca este xoves 4 de agosto. 

 

20220726 Presentaciou00ecn SRB 2022 ou00a9 Trece Amarelo 1
Presentación Sorrías Baixas | Foto: Sorrías Baixas

 

Mira que pasaron cousas en 2020 e 2021. Que se unha pandemia mundial, que se unha crise sen precedentes, que se restricións por aquí e por alá… O que pasaron nese tempo foron tamén dúas edicións máis do Sorrías Baixas, un festival irredutible que este 2022 volve con toda a normalidade do mundo despois de dúas edicións descafeinadas en canto a aforo pero tan rumbosas como sempre, porque a música en Bueu non defrauda. 

 

Coa chegada de agosto chega o Sorrías, que para esta nova edición -achégase xa á vintena- botou os restos cun cartel ecléctico, como sempre, e cheo de artistas de primeira orde que, nalgúns casos, será difícil volver ver por Galicia, polo menos por un tempo. As hostilidades comezan o xoves 4 de agosto, o primeiro dos tres días consecutivos de festival no Morrazo, que será capital da festa en Galicia este finde.

 

Na Estacada volverá a música en vivo, os saltos, os bailes, todo aquilo que quedou en caseta by pola crise sanitaria nos seus momentos máis crus. Elementos fundamentais nunha cita desta magnitude e que destacaron na súa presentación a dirección do festival, Jordi Lauren e Berta Domínguez, así como o director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, a deputada provincial de Turismo da Deputación de Pontevedra, Ana Laura Iglesias, e do concelleiro de Cultura de Bueu, Xosé Leal.  

 

TRES DÍAS SEN TREGUA

Polos escenarios Xacobeo e Turismo Rías Baixas desfilará unha mestura de estilos que van desde o rock ao trap, pasando polo tradi ou o pop. O apoio aos artistas locais e ás bandas emerxentes é outro dos puntos nos que destaca o festival. 

 

Jazzwoman abrirá boca o xoves, no primeiro concerto que arrinca ás 21 horas. Rels B e Sofia Gabanna serán os pratos fortes dunha inauguración que se prolongará ata preto das 5 da mañá, con Cool Meniñas pechando unha primeira xornada dominada polos ritmos urbanos. Delaporte e Maurino tamén terán a súa oportunidade o xoves. 

 

Xa o venres 5 de agosto chega a quenda de Kase.Ou, que acompañado de Jazz Magnetism demostrará que segue en plena forma a pesar de anunciar que, por esgotamento, abandonará os escenarios indefinidamente cando termine coa súa xira. Bueu será talvez a última parada do maño en Galicia, polo que é unha oportunidade de ouro para gozar dun dos mellores artistas a nivel nacional. Antes de que o zaragozano salga a escena, García MC e Bala caldearán o ambiente; Rayden, Emlan e Buhos serán os que pecharán a xornada do venres.

 

 

 

O sábado será o momento do fin de festa con Tanxugueiras á cabeza. As Tanxus veñen de estrear ‘Diluvio’, o seu último traballo, polo que en Bueu as gargantas terán que estar ben preparadas para acompañar ás pandereteiras cos seus novos temas. Os burgaleses de A M.Ou.D.A. serán outro dos grandes atractivos do festival, que no seu último día contará, ademais de con os directos de Arnau Griso, Balkan Paradise, Suu, Sara Hebe e Eskorzo, cunha sesión vermut, que arrincará ás 12 horas coas actuacións de A Duendeneta e Grande Amore.

 

MÁIS QUE MÚSICA

Con todo, equivócase aquel que pense que o Sorrías é só música. En Bueu os ritmos van da man da tradición, da gastronomía, das paraxes incomparables que ofrece unha localidade que oferta sol, praia e cultura a partes iguais. Sustentabilidade ambiental ou a aposta polo comercio de proximidade e impulsar a economía do municipio son outros dos selos deste festival que corta a cinta inaugural ao mes de agosto e regresa con máis forza que nunca. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE