A Mesa acusa á Xunta de utilizar axudas europeas que fomentan o incremento do uso da lingua castelá

A asociación pola normalización lingúística lamenta que a Xunta acepte axudas para a adquisición de novidades editoriais e coleccións de bibliotecas con requisitos que promoven o castelán.  Aseguran que isto prexudica "gravemente" á lingua galega e o presidente da asociación, Marcos Maceira, lembra que é competencia do Goberno galego a de promover os valores culturais galegos segundo a propia convocatoria da axuda.  A convocatoria que lle permite mercar libros ás bibliotecas de entidades locais recolleu como requisito que o 50% do importe dos fondos europeos NextGeneraticónEU deben ter un fondo bibliográfico editado en castelán.  Arquivo: Libro / EuropapressA Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este luns 4 de xullo que a Xunta empregaba subvencións europeas aceptando uns requisitos que afectaban negativamente á lingua galega.  Así, trala resolución do DOG para a concesión destas axudas do 2022, o artigo 33 da publicación cita textualmente o seguinte: Como mínimo un 50 % do importe da subvención concedida destinarase á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán.


|

A asociación pola normalización lingüística lamenta que a Xunta acepte axudas para a adquisición de novidades editoriais e coleccións de bibliotecas con requisitos que promoven o castelán. 

 

Aseguran que isto prexudica "gravemente" á lingua galega e o presidente da asociación, Marcos Maceira, lembra que é competencia do Goberno galego a de promover os valores culturais galegos segundo a propia convocatoria da axuda. 

 

A convocatoria que lle permite mercar libros ás bibliotecas de entidades locais recolleu como requisito que o 50% do importe dos fondos europeos NextGeneraticónEU deben ter un fondo bibliográfico editado en castelán. 

 

Libro 2
Arquivo: Libro / Europapress

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este luns 4 de xullo que a Xunta empregaba subvencións europeas aceptando uns requisitos que afectaban negativamente á lingua galega. 
 

Así, trala resolución do DOG para a concesión destas axudas do 2022, o artigo 33 da publicación cita textualmente o seguinte: 

Como mínimo un 50 % do importe da subvención concedida destinarase á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán. O 50 % restante pode destinarse a adquisición de fondo bibliográfico tanto en galego como en castelán. Non obstante, dentro deste último, ata un 10 % poderá dedicarse a adquirir fondos editados en linguas estranxeiras ou en linguas oficiais ou con recoñecemento expreso no estatuto de autonomía doutras comunidades autónomas.
 
 

O presidente da asociación, Marcos Maceira, amosou o seu descontento con esta norma para os beneficiarios desta axuda e asegura que a Xunta ten o deber de defender e promocionar os valores culturais da lingua galega, segundo se indica nesa mesma convocatoria. 

 

"Deben defender e promocionar con medidas que potencien a produción editorial e a súa disposición", sentencia o presidente da Mesa nun comunicado. Non obstante, a asociación non aprecia que a Xunta o estea facendo, pois o Programa A "de novidades editoriais en galego" está dotado con 200.000 euros e un Programa B "para a mellora das coleccións bibliográficas" está dotado con 550.000. Ademais, a Mesa subliña que no 2021 o Programa B establecía que un 25%, como mínimo, debería estar destinado á adquirir fondos bibliográficos editados en galego e agora non. 

Pola outra banda, a Xunta alega ao feito de que as procentaxes mínimas ou máximas non dependen deles, senón do que acordou a Conferencia Sectorial de Cultura o 23 de xullo de 2021. En cambio, Marcos Maceira alerta da súa preocupación de que a Xunta non defenda os intereses do pobo galego e indica: "Parece que non vai ser o único campo que no a nosa lingua se vexa gravemente prexudicada perante a española no reparto dos fondos europeos".


 

relacionada O Eixo Atlántico apoia a candidatura de Ferrol para ser Patrimonio Mundial

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE