castelán

A Mesa acusa á Xunta de utilizar axudas europeas que fomentan o incremento do uso da lingua castelá

A asociación pola normalización lingúística lamenta que a Xunta acepte axudas para a adquisición de novidades editoriais e coleccións de bibliotecas con requisitos que promoven o castelán.  Aseguran que isto prexudica "gravemente" á lingua galega e o presidente da asociación, Marcos Maceira, lembra que é competencia do Goberno galego a de promover os valores culturais galegos segundo a propia convocatoria da axuda.  A convocatoria que lle permite mercar libros ás bibliotecas de entidades locais recolleu como requisito que o 50% do importe dos fondos europeos NextGeneraticónEU deben ter un fondo bibliográfico editado en castelán.  Arquivo: Libro / EuropapressA Mesa pola Normalización Lingüística denunciou este luns 4 de xullo que a Xunta empregaba subvencións europeas aceptando uns requisitos que afectaban negativamente á lingua galega.  Así, trala resolución do DOG para a concesión destas axudas do 2022, o artigo 33 da publicación cita textualmente o seguinte: Como mínimo un 50 % do importe da subvención concedida destinarase á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán.

Álvaro Otero publica a súa novela 'Waelrad' en castelán

O escritor afirma que nunca se chegou a sentir "plenamente identificado" coa versión en galego, que viu a luz hai 22 anos.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE