Sen noticias de José Antonio Carro Lata, veciño Frades desaparecido este martes en Mesía
O home, de 69 anos de idade e veciño de Papucín, está desaparecido desde onte.
O Concello de Frades (A Coruña) fixo un chamamento público para pedir colaboración na procura dun dos seus veciños, Antonio Carro Lata, que permanece en paradoiro descoñecido desde este martes.
Así, o consistorio solicitou axuda dos veciños desde as súas redes sociais para dar con Antonio, de 69 anos de idade e que é veciño de Papucín. O home foi visto por última vez sobre as 17,00 horas deste martes na parroquia de Ondas, no municipio veciño de Mesía.
O home, de 1,70 m de altura e complexión forte, vestía camisa de cadros finos marrón e amarela, pantalón gris, chaqueta azul escuro coas letras DAF e calzaba zuecos. O Concello pediu que se comunique ao 112 calquera información sobre o seu paradoiro.
Escribe o teu comentario