Morre a muller rescatada no incendio da rúa San Jaime da Coruña

O lume ocorreu durante a noite do domingo 6 de abril de 2025, no barrio da Sacra Familia. Segundo a información dispoñible, o lume iniciouse ao redor das 23:55 horas no interior dunha vivenda. A orixe do incendio localizouse nun armario roupeiro que quedou envolvido en chamas, xerando unha gran cantidade de fume que se estendeu polo inmoble.Intoxicada, a veciña non logrou superar a crise respiratoria e faleceu. 

 


|

Chuac
Chuac

Unha muller á que rescataron os bombeiros da Coruña tras un incendio na súa vivenda faleceu despois de ser trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) e permanecer ingresada na Unidade de Queimados.

O incendio produciuse a última do domingo nun piso da rúa San Jaime, na cidade herculina. Ao lugar desprazáronse os bombeiros que a rescataron inconsciente.  Os bombeiros lograron rescatar á vítima con vida e extinguir o lume antes de que se propagase ao resto da vivenda, evitando unha traxedia maior.


Posteriormente, foi trasladada ao complexo hospitalario universitario da Coruña para ser atendida das feridas que presentaba.

Delas, finalmente, non puido recuperar debido á gravidade das lesións que presentaba, informaron fontes consultadas por Europa Press en relación ao falecemento da muller. As causas do incendio aínda non foron determinadas oficialmente, pero a rápida resposta dos servizos de emerxencia foi clave para controlar a situación.



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE