Declaracións de amor entre homes galegos no Imperio Romano e a Idade Media
Un documento do século XI descuberto en Galicia revela que dous homes, Pedro Díaz e Munio Vandílaz, formalizaron a súa unión en 1061 para vivir xuntos e compartir as súas vidas, nun acordo que se asemella a un matrimonio actual. Este achado, conservado no Tombo de Celanova, desafía as ideas tradicionais sobre a homosexualidade na Idade Media e arroxa luz sobre a diversidade afectiva na historia do país. De feito, incluso da época romana hai indicios arqueolóxicos de relacións de amizade afectiva entre homes.
O 16 de abril de 1061, na parroquia de Santa María de Ordes (hoxe Rairiz de Veiga), Pedro Díaz e Munio Vandílaz rexistraron ante notario o seu compromiso de convivencia. O documento estipula que ambos se encargarían do coidado e a xestión conxunta do fogar, compartirían comida, bebida e roupa, e manterían as mesmas amizades e inimizades. Ademais, acordaron que o sobreviviente herdaría os bens do falecido, outorgándolle a esta unión efectos xurídicos, domésticos e afectivos equiparables aos dun matrimonio heterosexual da época.
Un libro que dá voz á diversidade
O profesor Carlos Callón analiza este caso na súa obra Vidas e historias LGBT da Idade Media (Xerais, 2025), que xa vai pola súa segunda edición. O libro explora este e outros exemplos para demostrar que as relacións homoafectivas existían na Idade Media, mesmo en contextos aparentemente hostís. Callón sostén que recuperar estas historias non só é un exercicio de rigor histórico, senón tamén unha forma de combater a intolerancia actual e fomentar un presente máis inclusivo. A obra foi ben acollida polo seu enfoque novo e o seu achegamente ao debate sobre a diversidade sexual no pasado.
O contido da obra de divulgación histórica de Calló salto ao audiovisual ns documental "Maridos e sodomitas", unha produción da Deputación da Coruña xunto a Nós Televisión, dispoñible en YouTube. A cinta indaga na vida de Pedro e Munio e noutros casos similares, ofrecendo unha perspectiva visual que complementa o traballo de Callón e reforza a importancia de visibilizar estas historias esquecidas.
Por exemplo, o arquéologo Xurxo Ayán explica como unha lápida da época do Imperio Romano, posterior á segunda metade do século II d.C., atopada na Ría de Arousa indica unha relación de "forte amizade" entre dous homes.
Este tipo de relacións, documentadas fai miles de anos, demostra que o amor e o compromiso entre persoas do mesmo sexo non son exclusivos da modernidade.
Escribe o teu comentario