Axuda para atopar a Jesús Manuel, coruñés de 51 anos desaparecido desde febreiro
O último paradoiro coñecido deste home é o seu domicilio o pasado 25 de febreiro. Desde entón non se sabe nada sobre o seu estado.
#SOS Desaparecidos alertou da procura dun home de 51 anos que falta do seu domicilio na Coruña desde o pasado 25 de febreiro, segundo recolle a información difundida.
Trátase de Jesús Manuel, un home de 1,80 de estatura, complexión normal, pelo canoso e ollos marróns, especifícase sobre as caracteríticas do mesmo.
Tamén se facilitan os teléfonos 649 952 957 e 644 712 806. Tras constatar a súa ausencia, púxose denuncia ante o Corpo Nacional de Policía.
Escribe o teu comentario