Un indencio deixa 30.000 pitos mortos nunha granxa de Santa Comba

Cerca do lume hai unha vivenda e uns depósitos de propano que non se viron afectados. Tampouco as persoas implicadas, que conseguiron saír ao exterior pouco despois da chamada ao 112

 


|

Bomberos
Bombeiros


 

Uns 30.000 pitos morreron nun incendio na instalación eléctrica dunha explotación avícola no lugar de Vilar de Céltigos, en Grixoa, municipio de Santa Comba.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 5,00 horas da madrugada deste sábado, cando unha das dúas persoas que se atopaban nas instalacións explicou que estaba a arder unha nave de pitos.

Cerca do lume hai unha vivenda e uns depósitos de propano que non se viron afectados. Tampouco as persoas implicadas, que conseguiron saír ao exterior pouco despois da chamada ao 112.

Cara ás 6,00 horas, os servizos de emerxencias confirmaron que o incendio estaba controlado, polo que procederon coas tarefas de refrixeración da zona afectada. Ardeu a instalación eléctrica por completo e morreron os 30.000 pitos criados nesta granxa.

No operativo participaron 061 (de modo preventivo), os Bombeiros de Cee, os GES de Ponteceso, Brión e Noia, a Garda Civil e o Servizo Municipal de Protección Civil de Santa Comba, así como o persoal do distrito forestal da zona.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE