Accidente laboral en Laxe: morre electrocutado un traballador ao cambiar unha lámpada da iluminación

J. M. M., de 60 anos, morreu na Travesía do Sol de Laxe, ao redor das 11:30 horas deste venres. 


|

Alumbrado
Foto de arquivo de Europa Press

 

Triste suceso na mañá deste venres na vila mariñeira de Laxe. Durante uns traballos na iluminación da Travesía do Sol do centro urbano da localidade, un traballador, J. M. M., de 60 anos, faleceu, presuntamente, electrocutado cando manipulaba os cables dun farol, tal e como confirma desde o 112 Galicia.

 

O operario, xerente da empresa Istalaciones Eléctricas Mariño e natural de Cabana de Bergantiños segundo a información adiantada por La Voz de Galicia, sufriu unha forte descarga cando se atopaba no interior dunha cesta hidráulica situada a uns sete metros de altura ás 11:30 horas deste venres 27 de decembro. 


Ao lugar do incidente acudiron os servizos de emerxencias do 061, que non puideron máis que confirmar a morte do traballador. Axentes da Garda Civil e a Policía Local de Laxe, así como membros de Protección Civil, Bombeiros de Carballo e GES de Ponteceso tamén se acudiron no lugar, onde se cortou o tráfico e a subministración eléctrica. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE