Piden cinco anos de cárcere a un home por violencia machista contra a súa expareja á que cuspía e golpeaba
Os feitos remóntanse a 2020 cando o home e a muller iniciaron unha relación e a partir de aí comezaron a convivir
A Audiencia Provincial da Coruña xulgará o vindeiro luns a un home acusado de violencia de xénero e violencia habitual contra a que era a súa expareja, á que insultaba, golpeaba e cuspía.
Segundo recolle o escrito de acusación fiscal, que pide para o home cinco anos de cárcere, os feitos remóntanse a 2020. Os dous iniciaran unha relación sentimental a principios de febreiro e comezaran a convivir. A partir do mes de abril, en plena pandemia, o acusado "de forma continuada e habitual" insultaba á muller, á que chamaba "idiota, parva, raposa e puta" e á que dicía que "non servía para nada".
Ademais, reaccionaba de forma agresiva, propinándolle golpes, empuxóns e escupitajos, e rompendo varios aveños da vivenda.
O 16 de xullo, cando ambos se atopaban no domicilio familiar tras saír de festa, o acusado, con ánimo de atentar contra a integridade física da muller, agarrouna polo pescozo, tirándoa ao solo. Posteriormente, noutro incidente, no transcurso dunha discusión propinoulle varias puñadas na cara e na cabeza, agarrándoa polo pescozo e os brazos. A muller non acudiu en ningunha destas ocasións a un centro médico.
Fiscalía considera estes feitos constitutivos de dous delitos de violencia de xénero e un delito de violencia habitual, polos que pide para o acusado cinco anos de prisión, así como que se manteña afastado da muller por un período de seis anos.
Escribe o teu comentario