Un condutor arrasa con cinco coches aparcados na rolda de Outeiro, A Coruña

O accidente deixou graves danos nos turismos, pero non hai que lamentar feridos.


|

GRpWe1UWgAAhg1e
Foto: @g24noticias

 

Un coche. E outro. E outro. Así até cinco vehículos detrozados nun sinistro de varios metros na rolda de Outeiro da Coruña, onde a colisión dun turismo contra unha serie de coches aparcados esnaquizou o frontal e lateral de todos os automóbiles que se atopaban alí estacionados. 

 

Foi durante esta noite cando tivo lugar o contratempo nunha colisión en cadea na que os coches foron golpeados como fichas de dominou por outro turismo. Ao volante deste estropicio ía unha condutora duns 30 anos que deu negativo no test de alcol e drogas, polo que as autoridades achacan o suceso a un descoido ou un accidente froito dos nervios.

 

Agora é a Policía Local da Coruña a que leva o caso despois de levantar dilixencias nunha zona que fuer acordoada polos danos de consideración que presentaban os coches. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE