Os detidos polo apuñalamento do Orzán pasan a prisión provisional, comunicada e sen fianza
Os feitos ocorreron sobre o cinco da madrugada do venres na zona de copas desta rúa herculina, aínda que a detención se produciu pouco despois na rúa Torreiro.
A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 da Coruña decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza do catro detidos por apuñalar a un home na zona de pubs do Orzán, na Coruña.
Segundo fontes do TSXG, todos eles están investigados por un delito de asasinato en grao de tentativa ou consumado, dependendo da evolución da vítima, que permanece ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Os feitos ocorreron sobre o cinco da madrugada do venres na zona de copas desta rúa herculina, aínda que a detención se produciu pouco despois na rúa Torreiro.
Escribe o teu comentario