Desaparece na Coruña Anselmo Sevillano, no seu día o maior narcotraficante de haxix de Europa
Efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado teñen activada a procura de Anselmo Sevillano, un histórico narco de haxix orixinario de Huelva que fuxiu do centro de inserción no que se atopaba cumprindo un terceiro grao na Coruña.
Sevillano atopábase nun centro de inserción na Coruña, onde cumpría o terceiro grao tras ser condenado a 14 anos de prisión.
As autoridades iniciaron a procura de Sevillano, un narcotraficante histórico de Andalucía, ao que se lle perdeu a pista hai uns días.

Efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado teñen activada a procura de Anselmo Sevillano, un histórico narco de haxix orixinario de Huelva que fuxiu do centro de inserción no que se atopaba cumprindo un terceiro grao na Coruña.
Segundo informaron a Europa Press fontes sindicais, o narcotraficante fora trasladado ao Centro de Inserción Social da Coruña o pasado 2 de febreiro, dado que obtivera un contrato de traballo como chofer na cidade herculina. Institucións Penais investiga tamén a veracidade deste contrato.
Por iso, foille concedido un terceiro grao e trasladado desde a prisión de Córdoba, na que se atopaba, até Galicia. Anselmo Sevillano tiña permiso para saír a traballar durante o día, pero debe volver durmir ao centro pola noite. Esta dinámica mantívose algúns días, pero a pasada semana non regresou, polo que se activou unha orde de procura e detención.
A última das súas detencións ten data do 2011, cando foi apresado na súa vivenda de Málaga e condenado a 14 anos de prisión por narcotráfico. A pena súmase a outras condenas que tiña pendentes con anterioridade por tráfico de haxix, co que a súa data de saída do cárcere sería 2029.
Escribe o teu comentario