Unidade Local presenta aos seus candidatos para A Coruña, Arteixo, Cambre e Culleredos, acompañados por Pachi Vázquez

Unidade local promete un goberno "en compromiso, con proximidade, sen citas, sen audiencias"


|

Imagen de WhatsApp 2023 03 19 a las 15.09.12
De esquerda a dereita: Juan Evaristo Rodríguez (Cambre), Manuel Ferreirós (A Coruña), Antonio Patiño (Arteixo), José Juan Santos (Culleredo) e Pachi Vázquez (exlíder do PSdeG) / Foto: Unidade Local

O pasado sábado, 18 de marzo, ás 12:00, tivo lugar no Centro Tecnolóxico de Arteixo a presentación dos candidatos dos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre e Culleredo, do partido Unidade Local. O acto contou tamén coa presenza de Pachi Vázquez, ex secretario xeral do Partido Socialista de Galicia.

 

Ademais do exlíder socialista participaron os catro candidatos polos catro concellos coruñeses (Manuel Ferreirós, pola Coruña; Antonio Patiño, por Arteixo ; Juan Evaristo Rodríguez, por Cambre , e José Juan Santos Igrexas, por Culleredo ), ademais de Francisco Gutiérrez, encargado de presentar o acto.

 

Dentro da súa lema "En compromiso, con proximidade, sen citas, sen audiencias", Unidade Local prentede ser un goberno próximo aos cidadáns, defendendo a boa xestión e a credibilidade. Definiron o seu programa de face ás eleccións municipais do 28M como "un novo proxecto dirixido a mellorar a calidade de vida dos veciños". Aseguran tamén que "a relación entre os cidadáns e os concellos" está fracturada.

 

Pachi Vázquez, que acompañou aos líderes locais deste partido na súa presentación, foi candidato polo #PSdeG nos comicios de 1999 e 2003 no Carballiño, onde conseguiu maioría absoluta en ambas as lexislaturas. Agora, formou tamén un partido localista independente, Espazo Común, que lle presentará na localidade ourensá este 28 de maio como candidato á alcaldía carballinesa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE