A Audiencia Provincial da Coruña xulgará a 17 persoas por contrabando de tabaco

Foron realizadas un total de 10 incautacións de tabaco de contrabando


|

Tabacodecontrabando
A Garda Civil incautou máis de 100.000 paquetes de tabaco / Foto: @G24Noticias

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará os próximos días 24 e 25 un xuízo por contrabando de tabaco, un delito polo que están acusadas 17 persoas, segundo recolle o escrito de cualificación fiscal. Por estes feitos, pídenselles penas que van desde os sete anos de prisión de tres a seis meses.

 

Nel, sinálase que sobre as 22:00 horas de abril de 2012 un dos acusados foi interceptado cando conducía unha furgoneta en Vigo , na que transportaba no seu interior 15.000 paquetes de tabaco, distribuídas en 60 caixas, sen o precinto regulamentario.

 

Nesta tarefa de transporte de tabaco, que procedía de Andorra e cun valor de máis de 50.000 euros, axudáballe outro dos acusados. Posteriormente, producíronse outras incautacións de tabaco a outros procesados. Nalgún caso 17.500 paquetes de tabaco.

 

A outros dos acusados localizóuselles noutra incautación 60.000 paquetes no dobre fondo dun camión, nun transporte pola cidade da Coruña. Esta mercadoría ten un valor aproximado de 280.000 euros.


Isto mesmo ocorreu noutra incautación máis, xa no mes de xuño. Neste caso, tratábase dun furgón que circulaba pola autovía A-52, no tramo comprendido entre A Gudiña e Verín. Transportaba no seu interior, escondido nun compartimento oculto, máis de 14.000 paquetes cun valor de máis de 57.000 euros. Houbo en total dez incautacións, algunhas delas fóra da comunidade galega.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE