Sarria e Viana do Castelo, obxectivos da I Edición Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo Atlántico
Os dous municipios serán os "modelos" para os participantes do concurso fotográfico.
Unha carreira por conseguir moitos likes acaba de comezar en Galicia e o norte de Portugal. O pistoletazo de saída ou deu o Eixo Atlántico coa posta en marcha da I Edición Concurso Fotográfico da Guía Turística do Eixo, un certame aberto paa toda a cidadanía e con Sarria e Viana do Castelo como protagonistas das instantáneas.
CONCURSO
O obxectivo é captar nas imaxes o espírito destes dous municipios hermanados polo Eixo Atlántico e será a que logre máis likes nos perfís do ente transfronteirizo a que se alce como gañadora e pasará a formar parte do proxecto da Guía Turística Dixital do Eixo Atlántico.
"A participación está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos, tanto profesionais como afeccionadas, e debe centrar exclusivamente en imaxes feitas dentro dos termos municipais de Sarria ou Viana do Castelo", acoutan os organizadores, que convidan aos interesados a deixar voar a imaxinación coas súas composicións de paisaxes, monumentos, festas, gastronomías ou sucesos cotiáns.
Os participantes, que deberán consultar as bases do concurso e cumprir os requisitos estipulados, teñen desde hoxe até o 6 de xullo para participar e o 7 de xullo arrincará o concurso, cun período de votación aberto até o 13 de xullo e co 14 de xullo como data para descubrir ás fotografías gañadoras.
Ademais de figurar na guía, os gañadores poderán gañar unha noite de hotel para dúas persoas no hotel de catro estrelas AP Dona Aninhas de Viana e unha cea no Restaurante Bota d’Água, mentres que os gañadores de poderán gozar dunha noite para dúas persoas no hotel de catro estrelas Alfonso XI. "Con esta primeira edición do concurso, o Eixo Atlántico aposta por unha promoción turística baseada na participación cidadá, construíndo unha identidade común da Eurorrexión a través da mirada das súas xentes", apostilan desde a organización.
Escribe o teu comentario