Rescatan a unha persoa atrapada nun cantil de Cabo Ortegal

O home comezara a escalar o cantil e, posteriormente, non era capaz de baixar


|

Cabo ortegal
Arquivo - Cabo Ortegal / Foto: Concello de Cariño

Os servizos de emerxencias traballaron durante este mediodía para rescatar a unha persoa atrapada nun cantil de Cabo Ortegal. Segundo informou o 112, o home foi finalmente rescatado en perfecto estado deas saúde.

 

Os feitos tiveron lugar nun dos cantiis próximos á zona de aparcadoiro do faro de Cabo Ortegal, en Cariño . Ao redor das 12:15 horas, un particular alertou á central de emerxencias de que un home non era capaz de descender dun dos cantiis ao que subira escalando até alcanzar "unha gran altura", indicou. O home non conseguía descender de alí polos seus propios medios.

 

O servizo solicitou a intervención do Garda Civil e dos Bombeiros do Eume. Estes informaron, ademais ao persoal de Urxencias Sanitarias, a Salvamento Marítimo e ao GES de Ortigueira, por si fose necesaria a súa intervención.


Unha vez no lugar, os axentes da Garda Civil puderon comprobar que a persoa se atopaba en boas condicións e que subira desde o aparcadoiro, polo que se atopaba no lado interior do cantil, que dá á terra.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE