A gatiña siamesa Mia busca casa e a protectora 'Gatocan' envórcase para atoparlle un fogar a ela ou á súa familia

A Asociación Protectora de Animais 'Gatocan' iniciou unha campaña en redes sociais para atopar casa a Mia e á súa familia, incapaces de atopar un alugueiro no que admitan animais de compañía.


|

A Asociación Protectora de Animais 'Gatocan' iniciou unha campaña en redes sociais para atopar casa a Mia e á súa familia, incapaces de atopar un alugueiro no que admitan animais de compañía.

 

A gata, de sete anos, non pode ir a un refuxio e, ante a imposibilidade de atopar un fogar que reuna todos os requisitos, a súa familia búscalle un novo fogar, aínda que iso signifique desprenderse dela. 

 

Mia
Foto: @agatocan

 

"É o noso bebé. Non puidemos ter fillos". Con esas desgarradoras palabras, os donos de Mia trasladáronlle aos membros da Asociación Protectora de Animais 'Gatocan' que non se podían facer cargo desta pequena siamesa de sete anos porque ven obrigados a abandonar a súa casa e non atopan outro domicilio no que admitan mascotas.

 

 

 

Ante a imposibilidade de quedar co animal, a familia de Mia búscalle un novo fogar desesperadamente. "Mia é unha gatiña siamesa de pura raza de sete anos, doce e cariñosa e a súa familia é un matrimonio que ten que abandonar a súa vivenda o 30 de setiembre e non son capaces de atopar outra vivenda en alugueiro que admita mascotas", sinalan desde a plataforma, á vez que reflexionan sobre se o termo 'mascota' debería utilizarse nestes casos cando estes animais "son familia, e para este matrimonio Mia o é claramente".

 

Ao vir dun fogar e con sete anos cumpridos, a integración de Mia nun refuxio é moi complicada. "Teno bastante difícil", admite a protectora, conscientes de que o máis sinxelo, a priori, é atoparlle un novo fogar á gatita.

 

UNHA CASA QUE ADMITA MASCOTAS

A alternativa, e de feito o ideal, sería non atoparlle unha casa a Mia, senón a ela e aos seus donos. Culleredo ou Cambre serían as localizacións ideais para esta familia, que tampouco dispón de moitos recusos como para asumir os prezos disparados que hoxe en día monopolizan o mercado do alugueiro. 

 

 

Agora, os usuarios das redes sociais están a buscar ás alancadas un novo fogar para Mia e os seus. Todo por non separar a esta familia nun momento económico tan complicado que está a dificultar a vida en moitos fogares, obrigándoos a tomar decisións moi difíciles. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE