O escritor Juan J. Prieto cede ao Servizo Bibliográfico do ONCE o seu audiolibro A primeira meiga

Isto significa para o autor "unha gran satisfacción e un gran recoñecemento"


|

Juan J Prieto y Carmen Bayarri firman el acuerdo
Juan J Prieto e Carmen Bayarri asinan o acordo / Foto: ONCE

O escritor afincado Juan J. Prieto cedeu ao Servizo Bibliográfico da ONCE (SBO) os dereitos do seu audiolibro A primeira meiga, para que estea a disposición de todas as persoas invidentes afiliadas á organización. Carmen Bayarri, directora do SBO, e Juan J. Prieto asinaron onte en Madrid o acordo que fai efectiva a cesión do audio.

 

Segundo recoñeceu Prieto, que A primeira meiga forme parte dos fondos do SBO é "unha gran satisfacción e un recoñecemento non só para min, senón tamén para as case 50 persoas que estamos detrás deste audiolibro".

 

Pola súa banda Carmen Bayarri, que indica que a novela ten un argumento "superinteresante e moi atractivo para moitísimos dos nosos lectores". "Quixemos dar valor a esa sensibilidade que tivo Juan e os compañeiros que traballaron neste audiolibro ao acordar das persoas cegas e pensar que poderían, desta maneira, axudar a crecer ao personaxe principal e o seu mundo".

 

A copia deste audiolibro que se inclúe no SBO "está interpretada, o que a diferenza dos nosos libros, que son de lectura máis plana", sinala a directora do Servizo Bibliográfico da ONCE, quen engade que A primeira meiga "é unha copia literal, unha lectura literal do libro, que non estará na parte da biblioteca dixital onde almacenamos os nosos libros de formato tradicional, pero si na sección que chamamos Fonoteca, onde se situará en breve tempo, tras certas adaptacións, como aplicar o formato Daisy para poder navegar con moito detalle por este audiolibro como facemos cos demais".

 

A PRIMEIRA MEIGA

A primeira meiga está baseado "na historia e lenda de María Soliño, a primeira muller condenada condenada oficialmente por bruxaría en Galicia en 1621", sinala o autor. Juan J. Prieto coñeceu a historia no ano 1991, e afirma quedar "prendado dela, porque era unha muller culta, ilustrada, descendente de nobres, e tiña os dereitos de representación da Colexiata de Cangas. Era unha muller moi poderosa no século XVII". "Con este libro o que quero é resarcir un pouco a historia desta muller", indicar o autor.

 

A primeira meiga foi a novela galega máis vendida nas feiras do libro de Galicia no ano 2016. En decembro dese mesmo ano, en Amazon España, a súa versión electrónica foi número un a nivel nacional na súa sección de ficción histórica-relixiosa e ficción histórica, e ocupou o posto 16 no ranking xeneral, soamente superada pola colección de novelas románticas de Megan Maxwell.

 

Juan J. Prieto, o autor desta novela, nacido en Valladolid , é galego de adopción e vive en Marín desde os 30 anos, onde formou a súa actual familia. Con máis de 25 anos de experiencia no ámbito da publicidade e os medios de comunicación, fai sete decidiu mostrar a súa faceta máis descoñecida: a literatura.

 

O SERVIZO BIBLIOGRÁFICO DO ONCE

O Servizo Bibliográfico do ONCE tramita ao ano unhas 50.000 solicitudes realizadas por persoas con cegueira. Para darlles saída, adapta un millón de páxinas de libros en tinta e transcribe unhas 3.000 obras curtas, entre apuntamentos e exames para estudantes.

 

Cada ano imprímense en total máis de 7 millóns de páxinas en braille, cópianse máis de 120.000 CD sonoros e realízanse máis de 8.000 relevos.

 

Todo este labor é de fácil acceso para as persoas con discapacidade visual e con cegueira afiliadas ao ONCE a través da Biblioteca Dixital ONCE, que acumula máis de 75.000 obras para ler en diferentes formatos, como o braille e o son.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE