A olímpica Teresa Portela galardoada no VIII Premio Executivas de Galicia

A canguesa deu paladas en seis citas olímpicas, onde conquistou unha prata, e rema cara aos seus sétimos Xogos. 


|

Archivo - La piragüista gallega Teresa Portela.
Foto: EP


 

A piragüista Teresa Portela foi a elixida para recibir o VIII Premio Executivas de Galicia, que se entregará en próximo 17 de xaneiro en Pontevedra. Segundo comunicou a Asociación Executivas de Galicia, trátase dun recoñecemento á súa "destacada traxectoria" no ámbito do piragüismo.

"Esta edición busca resaltar o papel da muller no ámbito deportivo, especialmente no piragüismo, onde a presenza feminina foi historicamente subestimada", comunicou a asociación.

A piragüista canguesa ha dedicado tres décadas á súa carreira deportiva, anos que Executivas de Galicia valorou como "sobresalientes". Destacaron tamén que se trata de "a primeira muller española en participar en seis Xogos Olímpicos", dos cales conseguiu a medalla de prata nos Xogos de Tokyo 2021.

Ademais, a asociación tamén subliñou a súa formación académica, dado que Teresa Portela é graduada en Fisioterapia e completou a diplomatura de Maxisterio de Educación Física.

Desta forma, Portela únese ás galardoadas en edicións anteriores, entre as que se atopan a bióloga Marisol Soengas, a CEO Adriana Domínguez, a comunicadora Silvia Jato, a científica África González, a pianista Isabel Dobarro e a cofundadora de Aceites Abril María del Carmen Canle.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE