O PP da Coruña achégase a unhas primarias ao confirmar Miguel Delgado a súa candidatura

O senador aspira a liderar o partido a nivel local, o que en boa lóxica converteríao na cabeza de cartel para as eleccións locais da Coruña en 2023.

No acto de presentación de hoxe, Gallego non estivo arroupado por ningún dos prebostes do partido herculino, como Diego Calvo, Rosa Gallego ou Marin Fernández Prado. Isto fai pensar que a cúpula do partido non está, polo menos non por agora, detrás da candidatura presentada hoxe polo avogado.

Pode presentar o aparello do partido un candidato oficialista? É posible e o nome que máis soa é Marín Fernández, que é o actual diriguente da Autoridade Portuaria da Coruña. A actitude do partido poderase valorar pronto, pois varios concelleiros poderían ceder o seu posto para que Delgado entrar como concelleiro.

 


|

Presentación da candidatura de Miguel Lorenzo a presidente do PP local da Coruña
Presentación da candidatura de Miguel Lorenzo Torres ao liderado do PP da Coruña


 

O senador aspira a liderar o partido a nivel local, o que en boa lóxica converteríao na cabeza de cartel para as eleccións locais da Coruña en 2023.

 

No acto de presentación de hoxe, Gallego non estivo arroupado por ningún dos prebostes do partido herculino, como Diego Calvo, Rosa Gallego ou Marin Fernández Prado. Isto fai pensar que a cúpula do partido non está, polo menos non por agora, detrás da candidatura presentada hoxe polo avogado.

 

Pode presentar o aparello do partido un candidato oficialista? É posible e o nome que máis soa é Marín Fernández, que é o actual diriguente da Autoridade Portuaria da Coruña. A actitude do partido poderase valorar pronto, pois varios concelleiros poderían ceder o seu posto para que Delgado entrar como concelleiro.

 

 


O senador do Partido Popular Miguel Lorenzo manifestou que aspira a ser alcalde da Coruña. "Se o meu partido confía en min, eu vou dar ese paso", sentenciou. "Isto é o culmen a unha carreira política", recoñeceu, e tamén "o paso máis difícil". Unha responsabilidade que asume "con moita ilusión, con moita forza".

Lorenzo fixo estas declaracións durante a presentación da súa candidatura a presidente do PP local da Coruña. "O primeiro que hai que facer é solicitar como mínimo 25 afiliados que me avalen", explicou.

Para converterse en candidato popular á Alcaldía nas eleccións municipais do próximo ano debe saír elixido no congreso convocado para o 15 de xullo. "O importante é que os cidadáns me vexan como futuro alcalde da cidade", apuntou.

O senador explicou que ten "unha débeda pendente" coa Coruña desde que chegou "hai 37 anos" e quere pagala "sendo alcalde e solucionando os problemas da xente". O seu obxectivo, segundo afirmou, é conseguir a que cidade volva ser "un referente de Galicia e case de España".

FWkih8JWIAMSySG

 

"Dou un primeiro paso. Se teño a confianza dos afiliados asumirei a presidencia do Partido Popular na Coruña. As persoas que me rodean danme moita enerxía. Se o partido confía en min darei o paso para ser candidato á Alcaldía", declarou o letrado nado en Pontevedra.

EXPERIENCIA POLÍTICA
Miguel Lorenzo aludiu á súa "experiencia política" como concejal popular no Consistorio herculino durante varios anos, responsable de Servizos Sociais entre 2011 e 2015, na etapa de Carlos Negreira como alcalde.

A preguntas dos xornalistas sobre a situación política actual da cidade baixo o mandato de Inés Rey, o senador manifestou que é a portavoz municipal do PP, Rosa Gallego, a que debe dar resposta a esas cuestións. "Cando eu sexa presidente local poderei opinar sobre estes temas", apostilou. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE