Unha vintena de organizacións galegas piden vetar os eucaliptos nos fondos europeos

|

Lida senra eucalipEncontro en Bruxelas. Foto: AGE Europa


Unha vintena de organizacións galegas, entre elas o Sindicato Labrego, a Sociedade Antropolóxica, Adega, Asociación Nordés ou Anova Terra, entre outras, trasladáronlle á Comisión Europea a necesidade de control para que os fondos comunitarios non sirvan para financiar "a destrución patrimonial" que supón a plantación de eucaliptos.


As entidades participantes na xornada "Defensa do patrimonio galego fronte á eucaliptización" denunciaron o emprego de fondos da UE para plantar eucaliptos, mesmo en espazos protexidos, mentres que "a Xunta mira para outro lado", en conivencia coa industria forestal-celulosa.


Ademais, alertaron de que en Galicia os eucaliptos ocupan cabeceiras dos ríos e impiden prosperar o bosque autóctono, "reducido xa ao 10%", segundo os seus datos. "Estamos a falar de que a eucaliptización está a afectar directamente tanto ao noso patrimonio arqueolóxico como ao natural", denuncian.


Ante esta situación, a eurodeputada Lídia Senra comprometeuse a realizar un seguimento e estará en contacto con representantes da CE para aproveitar "a excelente oportunidade" que se abre o próximo ano, "xa que a mirada das institucións europeas vai ser especialmente sensible cara á protección do patrimonio". "Esperamos que propicie un espazo óptimo para incidir coas nosas reivindicacións desde Galicia", apuntou.


relacionada Eucaliptos e maleza deixan paso a especies autóctonas
relacionada O interese da pasteira portuguesa, incentivo para a "eucaliptización" de Galicia
relacionada Cales son as árbores que máis arden das que hai nos montes galegos?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress