O interese da pasteira portuguesa, incentivo para a "eucaliptización" de Galicia

O BNG urxe a potenciar "un monte racional e diversificado" e a impedir "nin unha soa hectárea nova de eucalipto".


|

Eucalipto 2


O BNG alertou este xoves da "eucaliptización" que se podería producir en Galicia ante o recente interese dunha empresa pasteira portuguesa --Navigator Company-- que, segundo os nacionalistas, "viu nos montes galegos un recurso idóneo para proverse de materia prima" ante as limitacións para a plantación desta especie que se dan no país veciño.


Nun comunicado, o portavoz parlamentario de Agricultura, Xosé Luís Rivas, explicou que esta situación "agudizaría a eucaliptización do monte galego, que xa acumula unhas 230.000 hectáreas máis das previstas no actual plan forestal da Xunta ata 2032".


Ademais, recalcou que a nova regulación portuguesa para controlar e reducir o eucalipto é unha ameaza á esperanza de Galicia para optar por "un monte racional e diversificado".


Nesta liña, sostén que o interese da pasteira lusa por aprovisionarse do eucalipto galego supón, ao seu xuízo, unha ameaza engadida que pode converter o monte nunha explotación económica propia do século XIX".


Neste sentido, lamentou que "por se non chegase con soportar a ENCE", agora "pretende vir unha empresa portuguesa a esmagar" a materia galega; co que se propiciaría unha situación na que "dúas empresas arrasarían co monte galego para facer negocio".


Para o deputado, a plantación masiva e descontrolada de especias de "pouca calidade" nun "monte de luxo" supón "un retrato da ineptitude do Goberno de Feijoo e da incapacidade para sacar adiante un plan forestal que dea unha alternativa racional ao monte en beneficio de todos os galegos".


"NIN UNHA SOA HECTÁREA NOVA DE EUCALIPTO"


Así, a formación nacionalista reclama que non haxa "nin unha soa hectárea nova de eucalipto" debido ao descontrol desta especie "altamente combustible", e lembra que o resto do Estado e de países europeos xa fixeron un proceso de repoboación maioritariamente con especies autóctonas.


Deste xeito, fixo fincapé en que na Comunidade galega, só 300.000 metros cúbicos dos 8,2 millóns que se cortan corresponden a "madeira de calidade" procedente de especies autóctonas. Rivas, ademais, recalcou a repercusión directa que provoca a invasión do eucalipto en canto á propagación de incendios se refire.


TRES MEDIDAS


Así pois, o BNG puxo sobre a mesa tres medidas concretas en relación coa ordenación do monte. Por unha banda un plan que potencie a transformación da madeira e que xere valor engadido, máis ingresos económicos e máis emprego en Galicia.


Con estas medidas o Bloque pretende obter tamén beneficios fiscais para incentivar o coidado e a ordenación do monte e impulsar o aproveitamento multifuncional dos bosques galegos.

relacionada A maior papeleira portuguesa fíxase en Galicia para se asegurar eucaliptos
relacionada O BNG chama a "poñer freo á expansión descontrolada e monocultivo do eucalipto"
relacionada Feijóo fai legal o ilegal e provoca un "efecto chamada" a plantar eucaliptos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE