Choque de fronte entre turismo e moto deixa un morto e un hospitalizado en Marufe, Gondomar
Un mozo de 21 anos veciño de Gondomar morreu tras chocar a súa moto de fronte contra un coche de madrugada nunha estrada comarcal. O condutor do turismo foi traslado ao Álvaro Cunqueiro. A Garda Civil fíxolle a proba de alcol e drogas.
O condutor dunha motocicleta perdeu a vida na madrugada deste xoves tras chocar contra un coche na localidade pontevedresa de Gondomar.
Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 00.10 horas ao cochar a moto, que se afastaba de Gondomar, e o coche. Foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, asegurando que un home estaba tirado na estrada, aparentemente inconsciente, despois de producir un accidente no punto quilométrico 18 da PO-340.
Até alí desprazáronse os servizos de urxencias do 061. Con todo, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.
Segundo informa a CRTVG, o condutor do turismo, está ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras ser evacuado en ambulancia. A Garda Civil de Tráfico xa lle realizou os pertinentes controis. O ferido deu negativo tanto en drogas como en alcol.
A Garda Civil de Tráfico e o persoal de mantemento da vía tamén participaron no operativo.
Escribe o teu comentario