Eucaliptos e maleza deixan paso a especies autóctonas

O Concello de Santiago tallou árbores e rozou unha leira municipal próxima a edificacións.


|

RafaelpenastgO edil Rafael Peña. Foto: Concello de Santiago


O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial de Santiago explicou que a talla de árbores levada a cabo polo seu Departamento en Lamas de Abade levouse a cabo para atender os requirimentos presentados polos responsables de dous centros próximos, a gardería Raiola e a sede de Aspanaes, e "atendendo ao risco de incendio que supoñían os piñeiros, eucaliptos e enorme cantidade de maleza acumulada na parcela, de titularidade municipal".


Rafael Peña explicou que os informes técnicos apuntan que a parcela tiña unha "presenza de biomasa vexetal cunha incorrecta xestión, afectando o espazo público e sen respectar a distancia entre esa biomasa e a edificación".


Aclarou, ademais, que se adoptou unha resolución de urxencia, porque "a decisión adoptouse estando en período de alto risco de incendios".


REXENERACIÓN DO ESPAZO


O concelleiro incidiu en que nos terreos había fundamentalmente "especies invasoras como son os eucaliptos, o que supón que non se causou ningún dano ambiental". Ademais, engadiu que a intención do Concello é rexenerar esta zona "plantando especies autóctonas e facéndoo de maneira ordenada, para non afectar os edificios próximos e non causar problemas de seguridade como os que tiñamos ata agora".


Alamedastg

Paseo dos Leóns tras a actuación.

ALAMEDA


Rafael Peña aproveitou a comparecencia para referirse ás obras executadas na Alameda, e que permitiron remodelar o pavimento do Paseo dos Leóns e de parte do tramo da Ferradura. O concelleiro explicou que se actuou en máis de 3.000 metros, e destacou que esta zona "non fora sometida a ningunha actuación de mantemento desde hai máis de sete anos".


O edil explicou que nas obras utilizouse o material acordado pola Comisión Asesora de Cidade Histórica, e que xa antes fora empregado con éxito na costa de Santa Susana. Trátase do Aripaq, un pavimento natural formado por calcín de vidro, reactivos básicos e árido calibrado, e que, por tanto, é totalmente respectuoso co medio ambiente. 


relacionada A auga da billa busca o seu oco entre a hostalería da capital
relacionada Turismo rexeita debater a taxa que reclama o goberno da capital

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE