Cales son as árbores que máis arden das que hai nos montes galegos?

|

Carballos


O eucalipto está no punto de mira cando se trata de prevención de incendios forestais, e máis tras os indicios que o sinalan como un dos factores agravantes do lume en Pedrógão.


Ante esta situación, a asociación ecoloxista Adega decidiu desmontar a campaña de lavado de cara que ENCE lanzou para borrar esa imaxe. E é que os datos que achega Adega revelan que a incidencia do lume é 3,55 veces maior nos eucaliptais que no bosque autóctono.


Os ecoloxistas acusan á pasteira de maquillar as cifras para reducir este cociente, incluso usando "as mesmas fontes de datos que utiliza ENCE na súa recente publi-reportaxe".


Graficoincendiosespecies

Os resultados de Adega mostran que os incendios dun ano medio (no período 2001-2010), "afectaron ao 1,42% da superficie de eucaliptais, ao 1,24% de piñeirais e ao 0,40% das carballeiras e bosques de frondosas galegas.


A asociación remata a súa explicación reprochando que esta relación do eucalipto e o lume "é un feito coñecido desde hai tempo e só ENCE e os seus acólitos seguen tentando ocultar, non en balde coñécese en moitas partes de Australia como the gasoline tree".


Por iso, cuestiona se "vai a Xunta facer algo por desactivar a polvoreira na que se están convertendo os nosos montes ou vaise limintar ao laio cando ocorra unha catástrofe coma a de Portugal?".

relacionada Feijóo fai legal o ilegal e provoca un "efecto chamada" a plantar eucaliptos
relacionada Senra reclama no Parlamento Europeo que o eucalipto sexa declarado especie invasora
relacionada O asociacionismo galego comeza a unir forzas contra a "eucaliptización"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress