Feijóo non ve outra solución que "expropiar ou comprar Meirás", e rexeita as dúas

Cre que a familia do ditador está "protexida pola lei" e chamará a expertos para que deseñen unha fórmula gratuíta para recuperar o pazo.


|

Meiras


O presidente da Xunta descartou iniciar un proceso de expropiación do Pazo de Meirás argumentando que sería un "mecanismo franquista de incumprimento da lei", xa que a familia do ditador Francisco Franco está protexida polo "ordenamento xurídico".


"Non imos utilizar mecanismos franquistas para conseguir un ben que o ordenamento xurídico actual protexe de acordo co seu titular rexistral", manifestou nunha entrevista na Cadena Ser na que teorizou con que existen "dúas vías" para recuperar a titularidade pública do pazo.


"Podemos expropiar ou podemos comprar. Eu creo que os galegos non estamos polo labor de pagar dúas veces o Pazo de Meirás. Pagámolo no ano 38 cando o doamos á familia e estou seguro de que no ano 2017 non estamos dispostos a volver comprar esa propiedade", indicou.


Así as cousas, manifestou que "todo o que sexa unha transmisión a título gratuíto" de Meirás "ao patrimonio de Galicia será benvido" e, a continuación, abriu a porta a crear unha comisión de expertos --e non unha comisión parlamentaria como reclama o PSOE-- para analizar as posibilidades que ten o Goberno galego para recuperar o ben, declarado de Interese Cultural.


As declaracións de Feijóo prodúcense na mesma fin de semana no que a familia Franco foi sancionada con 4.500 euros de multa por non cumprir co réxime de apertura ao público establecido para os BIC --mínimo de catro veces ao mes--. Así mesmo, a Consellería de Cultura abriu novas dilixencias logo do anuncio da Fundación Francisco Franco de cancelar as visitas ao Pazo de Meirás "por motivo de seguridade".


RUEDA COMPARTE A IDEA


Pola súa banda, Alfonso Rueda rexeitou que o Goberno galego compre o Pazo de Meirás porque sostén que, deste xeito, "a familia Franco estaría a gañar dúas veces": "Unha, cando accederon á propiedade do pazo, e agora, que habería que pagarlles para que deixasen esas propiedade".


Nunha entrevista en RNE recollida por Europa Press, Rueda subliñou que a Familia Franco ten que cumprir a lei con respecto ao Pazo de Meirás: "Se non é capaz, como parece ser, (ten que) cederlle a propiedade á Xunta, que se encargará de que a lei se cumpra".


relacionada 4.500 euros de multa á familia Franco por obstaculizar as visitas a Meirás
relacionada A Fundación Franco cancela as visitas a Meirás alegando "motivos de seguridade"
relacionada A familia Franco quere conseguir diñeiro a cambio de Meirás

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE