A Fundación Franco cancela as visitas a Meirás alegando "motivos de seguridade"

|

MeirasfnffCaptura da web da FNFF.

A Fundación Francisco Franco anunciou a cancelación das visitas ao Pazo de Meirás "por motivos de seguridade", segundo publicou na súa páxina web.


"Por motivos de seguridade, as visitas ao Pazo de Meirás quedan canceladas ata nova orde", reza unha mensaxe colgada na web da fundación, encargada de xestionar as visitas ao pazo propiedade da familia do ditador.


O anuncio chega tras a 'ocupación simbólica' levada a cabo por membros do BNG e un día despois de que o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, opinase que un "modo" de que a familia Franco "se reconcilie" con "parte da sociedade" é que "doase" o Pazo de Meirás ao pobo galego.


Así se pronunciou o titular de Cultura ao ser preguntado polos xornalistas sobre as palabras do o presidente da Xunta, que lles pediu aos Franco que doen este ben de interese cultural (BIC) ao patrimonio galego se non asumen cumprir as normas de visitas estipuladas. Feijóo tamén insinuou que os herdeiros do ditador pretenden sacar tallada económica forzando a expropiación.


Ademais, a Xunta informou a pasada semana que o expediente aberto á familia Franco por non abrir ao público o Pazo de Meirás está "a piques de pecharse" e que "seguramente" terá "carácter sancionador".


relacionada A familia Franco quere conseguir diñeiro a cambio de Meirás
relacionada O PP descarta apoiar a expropiación de Meirás á familia Franco
relacionada O BNG coloca sobre o PP a presión para reverter "a apropiación de Meirás"
relacionada Membros do BNG 'conquistan' Meirás para reclamar "a súa devolución ao pobo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress