familia Franco

Os Franco piden ante a Xustiza levar "todos os bens e obxectos" que contén o Pazo de Meirás
Piden recuperar todos os efectos que figuran no inventario porque "non consta que ningún deles achegue algo" á distinción BIC
Respaldo unánime do parlamento para que a Xunta axilice a declaración BIC da Casa Cornide, en mans dos Franco
O PP expón usos culturais para Meirás e BNG e PSdeG apelan a reivindicar tamén a "memoria histórica"
Feijóo volve desafiar aos Franco: Cando un está seguro de que posúe un ben cun título lexítimo, non ten ningún problema"
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou entrar a "polemizar" coa familia Franco, pola propiedade do Pazos de Meirás, así como ratificouse que o Goberno autonómico denegará calquera petición para mover as estatuas do Mestre Mateo, Isaac e Abraham, da emblemática construción de Sada. "Se alguén está seguro da súa propiedade, non creo que lle moleste manter as estatuas na comunidade autónoma", sinalou.
A Xustiza dita que os Franco teñen que devolver o Pazo de Meirás ao pobo

A xuíza declara que o pazo de Meirás é propiedade do Estado e ordena á familia Franco a súa devolución. A maxistrada Marta Canles afirma que os documentos demostran que o Xunta Prol Pazo regalou o inmoble ao xefe do Estado, non a Francisco Franco a título persoal. (Sentencía íntegra no interior).

O Concello da Coruña buscará recuperar a Casa Cornide de mans da familia Franco pola vía xudicial
A alcaldesa presentou o informe histórico sobre a poxa e venda do edificio que constata que o valor do inmoble reduciuse un 1.200%
A familia Franco tenta vender a Casa Cornide da Coruña, mentres se celebra o proceso para devolver o Pazo de Meirás
A familia Franco puxo á venda a Casa Cornide, na Coruña, segundo figura en portais inmobiliarios nos que se especifica que se comercializa "casa ou chalé" na Cidade Vella, con 11 habitacións, 13 baños e 1.430 metros cadrados.
O xuízo para que o Pazo de Meirás volva ser patrimonio público comezará o luns na Coruña
O Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña celebrará do 6 ao 10 de xullo o xuízo derivado do proceso iniciado polo Estado para reclamarlle á familia Franco a propiedade do Pazo de Meirás e que comezará coa declaración de sete testemuñas, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
​A Fortuna da familia Franco

Toca xa que Europa móllese, como xa o fixo con Hitler, Mussolini ou Stalin, e dígalles a estes Señores herdeiros de Franco que o Réxime do seu avó foi un crime de lesa humanidade.

Os Franco recorren perante o xulgado para apartar ao Concello de Sada da demanda por Meirás
O Concello de Sada recibiu este venres unha notificación do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña informándolle dun recurso de reposición interposto pola familia Franco contra a incorporación deste consistorio e da Xunta á demanda pola devolución do Pazo de Meirás.
​A Xunta inicia un novo proceso para multar á familia Franco por Meirás

A Xunta de Galicia, con motivo dunha denuncia propulsada polo Concello de Sada polo incumprimento do réxime de visitas por parte da familia Franco e a través da Consellería de Cultura e Turismo, abriu dilixencias informativas á familia Franco en relación ás visitas obrigadas ao Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural, que deben ser catro ao mes polo menos. 

​Optimismo xeneralizado sobre o Pazo de Meirás e o seu máis que posible retorno a propiedade pública

O edificio señorial, en mans a familia Franco, está máis preto que nunca de ser recuperado como patrimonio público despois da demanda presentada contra a familia Franco no Xulgado de Primeira Instancia Número 1 da Coruña por parte da Avogacía do Estado. No escrito reclámase a propiedade do inmoble para o Estado, alegando que a súa adquisición por parte dos Franco foi "simulada e fraudulenta", a súa administración mediante fondos e persoal públicos, e o uso que se lle deu durante a ditadura franquista. 

O Goberno dá un paso firme para recuperar o Pazo de Meirás de mans dos Franco
O Goberno central, a través da Avogacía do Estado, presentou unha demanda contra a familia Franco nos xulgados dá Coruña para reclamar a devolución do Pazo de Meirás.
Os Franco din que estatuas do Pórtico da Gloria son súas pese non ter factura
O Concello de Santiago defendeu que as estatuas de Abraham e Isaac do Pórtico da Gloria da Catedral, que están en mans da familia Franco, terían que ser devoltas a patrimonio municipal porque xa serían adquiridas polo Consistorio no ano 1948 e negou a posibilidade de que a reclamación prescribise "", como argumentan os seus actuais propietarios. Os herdeiros, en cambio, defenderon que adquiriron as pezas a "un anticuario", aínda que non dispoñen dos documentos correspondentes.
Xa hai data para o xuízo polas tallas expoliadas do Pórtico da Gloria polos Franco

O 1 de febreiro celebrarase a primeira sesión do xuízo contra a familia Franco, onde se reclama a devolucion das estatuas de Abraham e Isaac obra do Mestre Mateo. A xuíza que leva a causa admite un informe dun catedrático de arte que demostra que as estatuas foron adquiridas polo Concello de Santiago en 1948.

Diversas entidades presionan ao Goberno para "axilizar" a recuperación do Pazo de Meirás
Representantes de entidades convocantes dunha marcha cívica este sábado ao Pazo de Meirás instaron ao Goberno para "axilizar" a recuperación do inmoble mediante a presentación dunha acción civil para reclamar á familia Franco a súa devolución.
Os '19 de Meirás' urxen ao Goberno para reclamar o pazo

Os activistas, denunciados pola familia Franco por un acto reivindicativo realizado no Pazo de Meirás, reclamaron nunha manifestación que o Goberno central "non dilate máis a cuestión" e presente a demanda civil para solicitar a devolución do inmoble ao patrimonio público.

O Concello de Santiago iniciará o luns a batalla contra a familia Franco

O xuízo entre o consistorio de Santiago de Compostela e a familia Franco polas estatuas de Isaac e Abraham, obra do Mestre Mateo, arrincará o vindeiro luns 15 de outubro en Madrid

Reunión da plataforma que loita por recuperar o Pazo de Meirás

Desde o Xunta Prol Devolución do Pazo de Meirás tratan de “acelerar” a recuperación da propiedade, hoxe en mans da familia Franco, e pase a ser Ben de Interese Público. A reunión terá lugar na Deputación da Coruña.

Os expertos buscan lagoas legais para recuperar o Pazo de Meirás

A comisión destinada a lograr que o edificio pase a ser patrimonio público busca erros no documento de transmisión patrimonial. 

Xulio Ferreiro encarga un estudo para reclamar a Casa Cornide

Será o primeiro encargo do concello ao Consello da Memoria Democrática.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE